Udon
O udon (うどん; 饂飩?) é un tipo de fideo groso feito de fariña, popular na comida xaponesa. Foi inventado no Xapón no século VI. Este udon orixinal tiña de 6 a 8 mm de diámetro; era unha tortilla plana en forma de "fideo" engadido á sopa de miso.
Udon 饂飩 | |
![]() Udon de tempura. | |
Tipo | Sopa de fideos |
Orixe | ![]() |
Ingredientes | |
Vexetal | Fideos (fariña de trigo) Caldo (dashi, mollo de soia e mirin) Cebola de primavera |
Relacionados | |
Similares | Bigoli, pici, ramen |
Polo xeral, son servidos nun caldo a base de dashi, mollo de soia e mirin. Despois, engádeselles enriba un ou varios ingredientes. Segundo estes ingredientes diferéncianse os distintos tipos de udon. A maioría das variantes adoitan levar negi picado.
O sabor do caldo e os ingredientes adicionais varían de rexión en rexión. Os udon tamén varían de forma e grosor segundo a zona.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Udon |
Bibliografía
editar- Tsuji, Shizuo. (1980). Japanese cooking: A simple Art. Kodansha International/USA, Nova York. ISBN 1568363885