Tutuila
Tutuila é a principal e a máis grande illa da Samoa Americana, e a terceira illa máis grande da cadea das illas de Samoa. A illa destaca no Pacífico Central polo seu gran porto natural: o porto de Pago Pago, que é a capital da Samoa Americana. No século XIX, Tutuila chamábase Maouna.
Tipo | illa ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Ilhas Samoa (pt) ![]() ![]() | |||
Situado na entidade xeográfica | Ilhas Samoa (pt) ![]() ![]() | |||
Localización | ||||
División administrativa | Samoa Americana, Estados Unidos de América ![]() | |||
| ||||
Bañado por | Océano Pacífico ![]() | |||
Características | ||||
Altitude | 404 m ![]() | |||
Punto máis alto | Matafao Peak (en) ![]() ![]() ![]() | |||
Superficie | 140,3 km² ![]() | |||
A área da illa é de 141,81 km², e tiña unha poboación de 55.876 habitantes (censo 2000) (estas cifras inclúen a illa Aunu'u, fronte á costa sueste de Tutuila, que ten unha superficie de 1,517 km² e unha poboación de 476 habitantes). O punto máis alto da illa é Matafao Peak (653 m).
Politicamente, a illa está dividida en dúas divisións principais, o Distrito Leste e o Distrito Oeste.
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/8/8e/Fatu_Rock.jpg/300px-Fatu_Rock.jpg)