Tourón do mato
Tourón do mato | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
![]() Pouco preocupante[1] (globalmente, pero está extinguida en Europa[2]) | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
Turnix sylvatica |
O tourón do mato (Turnix sylvaticus) é unha ave da pequena familia dos turnícidos, que son aves que lembran ao paspallás, co cal non están relacionadas.
Taxonomía
editarO tourón do mato foi descrito formalmente e ilustrado en 1789 polo botánico francés René Louiche Desfontaines co nome binomial Tetrao sylvaticus.[3] O epíteto específico sylvaticus significa en latín 'do bosque'.[4] Agora está clasificado no xénero Turnix, creado en 1840 por Pierre Joseph Bonnaterre.[5]
Recoñécense nove subespecies:
- T. s. sylvaticus (Desfontaines, 1789) – do sur da Península Ibérica e noroeste de África
- T. s. lepurana (Smith, A, 1836) – de África ao sur do Sáhara
- T. s. dussumier (Temminck, 1828) – desde o leste de Irán a Myanmar
- T. s. davidi Delacour & Jabouille, 1930 – do centro de Tailandia ao sur da China, norte de Indochina e Taiwan
- T. s. bartelsorum Neumann, 1929 – de Xava e Bali en Indonesia
- T. s. whiteheadi Ogilvie-Grant, 1897 – de Luzón, no norte ds Filipinas
- T. s. celestinoi McGregor, 1907 – de Bohol e Mindanao, no sur das Filipinas
- T. s. nigrorum duPont, 1976 – da illa de Negros, Filipinas
- †T. s. suluensis Mearns, 1905 – do arquipélago de Sulu, Filipinas.
Descrición
editarO tourón do mato lembra un paspallás migrador. Ten as partes superiores con liñas de cor marrón area, partes inferiores beixes con marcas nos flancos negras e unha face lisa. En voo, a súa barra das ás abrancazada contrasta coa á gris. Os sexos son similares, pero os inmaturos teñen máis pintas pola parte inferior. Este pequeno tourón é moi difícil de ver. É unha pequena ave corredora marrón de 15 cm de longo, que prefire agocharse a botarse a voar.
Distribución e hábitat
editarEsta especie adoitaba ser residente no sur de España e África e desde a India á Asia tropical ata Indonesia, pero en España xa non. Habita en praderías cálidas ou matos arbustivos e aliméntase de insectos e sementes. Evita os bosques espesos e as rexións montañosas, e vive preferentemente en campos de millo e extensións de chairas herbosas, aínda que pode tamén atoparse en calquera tipo de mato arbustivo de herbas baixas.
Comportamento
editarPermanece agochado en silencio e é difícil de espantar, e non se ergue ata case estar baixo o pé do observador. Cando escapa, voa baixo sobre o chan e axiña pousa outra vez, despois do cal é moi difícil volver atopalo. A femia fai unha chamada que é un profundo hum-hum-hum e o macho replica cun kek-kek-kek.
Alimentación
editarA femia inicia o cortexo e constrúe un niño no chan. O macho incuba unha posta de normalmente catro ovos griseiros con manchas, e atende as crías, as cales poden correr en canto fan eclosión. A estación de nidificación é de xuño a setembro. O niño é un escaso coxín de herbas situado nun oco natural no chan, onde adoita estar agochado entre as ramas dunha mata de herbas. En raros casos, dobran a herba formando unha especie de dosel.[6]
Conservación
editarComo está espallada por unha ampla área de distribución, o tourón do mato é avaliado como en situación "pouco preocupante" na Lista Vermella de especies Ameazadas da IUCN.[1] Porén, a subespecie nomeada, que está distribuída pola rexión mediterránea, está actualmente en perigo crítico, xa que desapareceu na maior parte da súa área de distribución durante o século XX e actualmente só está presente en Marrocos despois de que en España se declarase oficialmente a súa extinción en 2018.[7][8][9] En 2021, a IUCN tamén declarou que o tourón común estaba extinguido en Europa.[1] Isto fai que sexa a primeira especie de ave que se extingue en Europa desde a extinción do arao xigante en 1852.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 BirdLife International (2016). "Turnix sylvaticus": e.T22680500A90008182. doi:10.2305/IUCN.UK.2016-3.RLTS.T22680500A90008182.en.
- ↑ BirdLife International (2015). "Turnix sylvaticus Europe": e.T22680500A59976610.
- ↑ Desfontaines, R. L. (1789). "Mémoire sur quelques nouvelles espèces d'oiseaux des côtes de Barbarie". Histoire de L'Académie Royale des Science (en French): 496–505 [500, Placa 13].
- ↑ Jobling, James A. (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. Londres: Christopher Helm. p. 375. ISBN 978-1-4081-2501-4.
- ↑ Gill, F.; Donsker, D.; Rasmussen, P., eds. (2023). "Buttonquail, thick-knees, sheathbills, plovers, oystercatchers, stilts, painted-snipes, jacanas, Plains-wanderer, seedsnipes". IOC World Bird List Version 13.2. International Ornithologists' Union. Consultado o 29 de agosto de 2023.
- ↑ Whistler, Hugh (1949). Popular Handbook of Indian Birds. London: Gurney and Jackson.
- ↑ Gutiérrez, C., Copete, J.L., Crochet, P.-A., Qninba, A. & Garrido, H. 2011. History, status and distribution of Andalusian Buttonquail in the WP.Dutch Birding 33: 75-93.
- ↑ MaghrebOrnitho, 2018. Andalusian Buttonquail legally declared extinct in Spain. MaghrebOrnitho, Publicado o 9 de novembro de 2018.
- ↑ Violani, C. G. & Massa, B. 1993. Extinction of the Andalusian Hemipode Turnix s. sylvatica (Desf.) in the Mediterranean region . Bull. Br. Ornithol. Cl. 113: 225-229.
- Barlow, Clive; Wacher, Tim; Disley, Tony (1997). Birds of The Gambia. ISBN 1-873403-32-1.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tourón do mato |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Tourón do mato |
- Folla de datos de BirdLife species para Turnix sylvaticus
- Common buttonquail or Kurrichane buttonquail Species text in The Atlas of Southern African Birds
- {{{2}}} en Avibase
- Vídeos, fotos, e sons de Common buttonquail na Internet Bird Collection
- Galería de fotos de Small Button-Quail en VIREO (Universidade de Drexel)
- Mapa interactivo da área de distribución de Turnix sylvaticus en IUCN Red List maps
- Turnix-sylvaticus - Gravacións de sons de Common buttonquail en Xeno-canto.