Tunja
Tunja é un concello colombiano, capital do departamento de Boyacá, que se atopa sobre a cordilleira oriental dos Andes, a 130 km ó nordés de Bogotá. É a cidade capital máis alta do país. Tunja foi construída sobre Hunza, unha das capitais da confederación muisca o 6 de agosto de 1539. Co seu título de cidade outorgado pola coroa española, Tunja chegou a converterse nun fortín para colonos emigrantes de Castela, Estremadura e Andalucía, e un dos maiores centros administrativos, xudiciais, políticos e culturais do país. Durante o axitado período da independencia, constituíuse como capital da República de Tunja o 9 de decembro de 1811.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Colombia | ||||
Departamento | Boyacá | ||||
Provincia | Provincia do Centro | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 180.572 (2021) (1.530,27 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 118 km² | ||||
Altitude | 2.782 m | ||||
Datos históricos | |||||
Fundador | Gonzalo Suárez Rendón | ||||
Creación | 6 de agosto de 1539 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 150001–150009 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | tunja-boyaca.gov.co |
Tunja alberga un conxunto monumental protexido no seu Centro Histórico e declarado patrimonio da Nación en 1959.[1][2] Ó longo da súa historia, Tunja foi recoñecida como un importante centro literario, científico, cultural e histórico. É considerada como a cidade Universitaria de Colombia, e é a sede de eventos de carácter internacional como o Festival Internacional da Cultura de Boyacá e do Aguinaldo Boyacense.[3][4][5]
Tunja é igualmente a cidade máis segura de Colombia segundo o informe presentado polo Centro Internacional para a Prevención da Criminalidade.[6] En canto á economía segundo o DANE, o desenvolvemento recente de infraestrutura e da industria da construción contribuíron a un aumento do PIB de 4.0% en 2014.[7]
Etimoloxía
editarO seu nome actual derívase do termo Hunza, ou tamén Junza ou Tchunza.[8] Nunca se lle deu oficialmente o nome de Santiago de Tunja. Esta denominación xorde da primeira división en parroquias que tivo a cidade, que a organizou na parroquia da nosa Señora das Neves, ó norte; Santa Bárbara, ó sur, e Santiago de Tunja, no centro. O patrón da cidade de Tunja e da Catedral é o Apóstolo Santiago o Maior. Por iso adquire o nome de Parroquia de Santiago de Tunja.
Notas
editar- ↑ Congreso de Colombia (ed.). "Ley de defensa y conservación del patrimonio histórico, artístico y monumentos nacionales" (PDF). Consultado o 15 de setembro de 2018.
- ↑ Moreno, Víctor Hugo (8 de xuño de 2000). El Tiempo, ed. "Tunja, para volver al pasado" (en castelán). Boyacá. Consultado o 18 de agosto de 2018.
- ↑ Ocampo López, Javier (5 de maio de 1995). El Tiempo, ed. "Tunja, cidudad universitaria" (en castelán). Consultado o 15 de setembro de 2018.
- ↑ Ministerio de Educación de Colombia (ed.). "Tunja, como ciudad universitaria, honra a Colombia" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2014. Consultado o 15 de agosto de 2018.
- ↑ Banco da República de Colombia (ed.). "Tunja, ciudad que emerje" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2017. Consultado o 18 de agosto de 2018.
- ↑ Centro Internacional para la prevención de la criminalidad (ed.). "Prevención de la criminalidad y seguridad ciudadana" (PDF) (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de setembro de 2017. Consultado o 15 de setembro de 2018.
- ↑ "ICER Boyacá 2015" (PDF) (en castelán). Consultado o 15 de setembro de 2018.
- ↑ "Nombre de Santiago de Tunja" (en castelán). Archived from the original on 15 de decembro de 2007. Consultado o 15 de setembro de 2018.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tunja |
Bibliografía
editar- Senado da República de Colombia (1989), Municipios colombianos. Bogotá: Pama Editores Ltda. ISBN 958-9077-02-1
Ligazóns externas
editar- Páxina oficialArquivado 23 de xaneiro de 2019 en Wayback Machine. (en castelán)