Tuck Everlasting (filme)
Tuck Everlasting é un filme estadounidense dirixido por Jay Russell que se estreou no 2002. Baséase no libro Tuck Everlasting de Natalie Babbitt (1975).
Tuck Everlasting | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Tuck Everlasting |
Director | Jay Russell |
Produtor | Marc Abraham Jane Startz Thomas Bliss |
Guión | David Wight James V. Hart |
Baseado en | Tuck Everlasting de Natalie Babbitt |
Intérpretes | Alexis Bledel Jonathan Jackson Ben Kingsley William Hurt Sissy Spacek Scott Bairstow |
Música | William Ross |
Fotografía | James L. Carter |
Montaxe | Jay Cassidy |
Distribuidora | Walt Disney Pictures |
Estrea | 2002 |
Duración | 96 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Drama, Romance |
Orzamento | $15 000 000[1] |
Recadación | $19 344 615[2] |
Na rede | |
http://www.tuck-everlasting.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Sinopse
editarA xove Winnie Foster, afogada polo aburrimento e a monotonía, trata de escapar ó control dos seus millonarios e dominantes pais pero a súa vida da un xiro radical cando coñece ós Tuck, unha extravagante familia que parece vivir fóra do tempo. Os Tuck viven no máis recóndito do bosque e agochan un gran segredo: son inmortais grazas á auga dun milagroso manancial que lles proporciona a eterna xuventude. Eles ensinaranlle a Winnie o xeito de desfrutar cada minuto ó máximo e ser feliz. Un día, o tranquilo mundo dos Tuck vese ameazado por un estraño que fai demasiadas preguntas. Entón Winnie verase obrigada a elixir entre a súa antiga vida e o marabilloso mundo que acaba de descubrir.
Personaxes
editar- Alexis Bledel como Winnie Foster
- Jonathan Jackson como Jesse Tuck
- Ben Kingsley como O home do traxe amarelo
- William Hurt como Angus 'Tuck' Tuck
- Sissy Spacek como Mae Tuck
- Scott Bairstow como Miles Tuck
- Amy Irving como Foster
- Victor Garber como Robert Foster
- Julia Hart como Sally Hannaway
- Noami Kline como Beatrice Ruston
- Robert Luis como Night Deputy
- Michelle Mulitz como Natalie Foster
Notas
editar- ↑ BoxOfficeMojo.com
- ↑ Box Office Mojo (ed.). "Tuck Everlasting". Consultado o 9 de xuño de 2009.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)