Tucho Perete

músico e político galego

Antonio González Molanes, coñecido como Tucho Perete, nado en Cangas cara a 1951 e finado no mesmo concello o 13 de maio de 2019, foi un músico galego que foi alcalde de Cangas.

Modelo:BiografíaTucho Perete
Biografía
Nacemento1951 Editar o valor en Wikidata
Cangas, España Editar o valor en Wikidata
Morte13 de maio de 2019 Editar o valor en Wikidata (67/68 anos)
Cangas, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Cangas
1982 – 1983
← Chimé ChapelaLois Pena Viéitez → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

A partir dos 14 anos iniciouse na música. Tocou en orquestras como Los Seis de Galicia ou Acuarela. Traballou na sucursal de Banesto de Cangas.

Elixido concelleiro polo PCG nas primeiras eleccións municipais logo do franquismo, en 1982 substituíu a Chimé Chapela á fronte da alcaldía e co apoio dunha coalición de goberno onde estaba o Unidade Galega, o BN-PG e o PSOE.

En 1986 iniciou a súa aprendizaxe na música coral. Foi director de varias corais de ámbito local, como o Coro San Xosé (desde 1991) a Coral Queixumes do Hío e a Coral de Santiago Apóstol de Cangas. Tamén se dedicou a dar clase de música e en especial de guitarra, en centros de ensino e de forma privada. Finou en Cangas o 13 de maio de 2019.[1]


Predecesor:
José Chapela González
  
Alcalde de Cangas
 
1982 - 1983
Sucesor:
Lois Pena Viéitez

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar