Tubuai
A illa Tubuai, tamén chamada Moutou, é o centro administrativo e económico das illas Austrais, que tamén se chaman illas Tubuai. Está situada a 640 km ao sur de Tahití, 210 km ao sueste de Rurutu e a 180 km ao noroeste de Raivavae.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Colectividade | Polinesia Francesa | |||
Comuna da Polinesia Francesa | Tubuai ![]() | |||
Poboación | ||||
Poboación | 2.217 (2017) ![]() | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 45 km² ![]() | |||
Bañado por | Océano Pacífico ![]() | |||
Altitude | 422 m ![]() | |||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
Xeografía
editarDe forma ovalada, a illa ten un relevo formado por dous volcáns, cunha altitude máxima de 422 metros no monte Taita, e unha superficie total de 45 km². Está rodeada dunha lagoa protexida por un círculo de illotes: Motu Toena, Motu Roia, Motu Motiha, Motu Ofai e Îlot de Sabre.
Dispón dun aeródromo aberto en 1972. Cultívanse produtos de horta, como patacas, cenorias, coles e taro, que provén o mercado de Tahití.
Historia e poboación
editarAs aldeas da illa son Mataura (a capital), Taahueia e Mahu e con 2.170 habitantes (censo 2012) é a illa máis poboada das illas Austrais.
Tubuai, así como Rurutu, foi poboado desde as illas da Sociedade cerca do ano 900 dC. O capitán Cook foi o primeiro europeo en explorala o 9 de agosto de 1777. Doce anos máis tarde, refuxiáronse os amotinados do Bounty, pero logo de participar nas guerras tribais, tiveron que fuxir.
En 1819 Tubuai recoñeceu a soberanía de Pomare II, rei de Tahití e a poboación converteuse ao protestantismo. En 1844 chegaron os mormóns, hoxe en día maioritarios. En 1881 foi anexionada por Francia.
Notas
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tubuai |