Tuíza, Ḷḷena
parroquia do concello de Ḷḷena, Asturias
Tuíza[1] é unha parroquia do concello asturiano de Ḷḷena. De 23,32 km² de extensión, ocupa o extremo suroccidental do concello. Linda ao sur e ao oeste coa provincia de León, ao norte co concello de Quirós, ao nordés coa parroquia de Xomezana e ao leste e sueste coa de Teyeo. Ten unha poboación (INE, 2010) de 53 habitantes, que están repartidos entre os lugares de El Quempu, Tuíza Baxo e Tuíza Riba.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Asturias | ||||
Provincia | provincia de Asturias | ||||
Concello | Ḷḷena ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 40 (2018) ![]() | ||||
Número de fogares | 42 (2001) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 23,81 km² ![]() | ||||
Bañado por | Huerna River (en) ![]() ![]() | ||||
Altitude | 1.085 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 33628 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 33033210000 ![]() | ||||
Actividades de montaña
editarEn Tuíza atópase a vertente asturiana do macizo de Ubiña. Sendo Pena Ubiña, de 2417 metros, a maior altitude dentro do concello. Neste macizo practícanse toda clase de actividades de alta montaña, dende sendeirismo até a escalada invernal. Na veiga do Meicín, a 1560 metros,[2] hai un refuxio de montaña.
Notas
editar- ↑ "Topónimos oficiais do concello de Ḷḷena" (PDF). sede.asturias.es. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de febreiro de 2022. Consultado o 6 de agosto de 2021.
- ↑ "El refugio del Meicín será un centro de primeros auxilios para los accidentes de montaña". El Comercio. 20 de xullo de 2019.