Tsampa
O tsampa (en tibetano: རྩམ་པ་, en tibetano transliterado: rtsam pa) ou sampa é un alimento básico do Tíbet, particularmente na parte central, así como da rexión do Himalaia en xeral. Adoita consumirse xunto co té con manteiga salgada tibetana (en tibetano: བོད་ཇ་, en tibetano transliterado: bod cha).
Non existen produtos similares en occidente, malia o máis similar coñécese polo nome de gofio e é procedente das Illas Canarias.
Características
editarÉ unha comida concibida para ser fácil de preparar. Estas elabóranse polos sherpas usando fariña de qingko (orxo das altiplanicies do Himalaia), manteiga (feita con leite de iac) e coa medula dos ósos de bovino e que se adoita consumir como papas. A pasta obtida finalmente adóitase facer con forma de cilindros ou bólas e é consumida cos dedos.
Rituais
editarO tsampa ten un papel importante nos rituais budistas tibetanos durante as festas ou outras celebracións importantes.
Nestes eventos é costume por tradición lanzar tsampa ao aire, que cae sobre os participantes, como signo de boa fortuna (parecido á festa da tomatina en España).
As versións do tsampa con manteiga tamén é usado para realizar tormas, que son figuras simbólicas ofrecidas nos rituais.
Versión moderna
editarA pesar da versión tradicional do Tíbet existen outras versións modernas que non teñen relación co alimento tibetano.
Estes tsampa creáronse por afeccionados á supervivencia que querían un alimento fácil de elaborar, preparar e que fose nutritivo.
Os ingredientes desta nova versión son: os feixóns vermellos, garavanzos, lentellas, millo seco, cachuete natural, mel puro, plátano verde deshidratado, soia en grans e trigo seco. Estes grans e plátanos son posteriormente asados con lume e moídos e despois mestúrase a mestura obtida co mel. Finalmente, dáselles forma de pelotas, non máis grandes que as de golf, e así obteñen un alimento nutritivo e fácil de preparar e elaborar.