Troponina C
Troponina C 1, músculo esquelético lento e cardíaca
| |
Identificadores | |
Símbolo | TNNC1 ; CMD1Z; CMH13; TN-C; TNC; TNNC |
Entrez | 7134 |
OMIM | |
RefSeq | NP_003271 |
UniProt | P63316 |
Outros datos | |
Locus | Cr. 3 p21.3-14.3.(52.49 – 52.49 Mb) |
Troponina C 2, músculo esquelético rápido
| |
Identificadores | |
Símbolo | TNNC2 |
Entrez | 7125 |
OMIM | |
RefSeq | NP_003270 |
UniProt | P02585 |
Outros datos | |
Locus | Cr. 20 q12-13.11.(44.45-44.46 Mb) |
A troponina C é unha proteína que forma parte do complexo da troponina, que se encontra nos miofilamentos musculares finos (xunto coa actina e a tropomiosina) e que ten a característica de que se pode unir a ións calcio. Como resultado da unión do calcio á troponina C, os elementos que forman parte dos filamentos finos musculares experimentan unha serie de cambios alostéricos que permiten a interacción da actina coa miosina e que se produza a contracción muscular.
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/a/a0/Troponino.svg/400px-Troponino.svg.png)
Contén catro motivos estruturais de tipo man EF para a unión ao calcio, aínda que diferentes isoformas poden ter menos de catro subdominios de unión ao calcio funcionais. Contén un lóbulo N e outro C. O lóbulo C ten unha función estrutural e únese ao dominio N da troponina I. O lóbulo C pode tamén ligarse ao Ca2+ ou ao Mg2+. O lóbulo N, que só se pode ligar ao Ca2+, é o lóbulo regulador, e únese ao dominio C da troponina I despois de unirse ao calcio. A letra C do seu nome fai referencia ao calcio.
Tipos
editarHai dous subtipos específicos de tecido desta proteína, que son:
- Troponina C lenta ou TNNC1, codificada en 3p21.3-p14.3, presente no músculo esquelético de contracción lenta e no cardíaco (OMIM, 191040).
- Troponina C rápida ou TNNC2, codificada en 20q12-q13.11, presente no músculo esquelético de contracción rápida (OMIM 191039).
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Troponin C Medical Subject Headings (MeSH) na Biblioteca Nacional de Medicina dos EUA.