Triángulo invernal
O triángulo invernal é un asterismo astronómico formado polas tres estrelas máis brillantes do ceo do hemisferio norte no inverno.[1] É un triángulo equilátero imaxinario debuxado na esfera celeste cos vértices definidos por Sirius, Betelgeuse e Procyon, as estrelas primarias nas tres constelacións de Canis Major, Orión e Canis Minor respectivamente.[2]
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/b/b1/Hubble_heic0206j.jpg/220px-Hubble_heic0206j.jpg)
Visibilidade
editarEn inverno durante a maior parte da noite o triángulo invernal permanece alto no ceo nas latitudes centrais e setentrionais, pero tamén se pode ver no outono nas primeiras horas da mañá no leste. Na primavera o triángulo vese no serán no oeste antes das súas estrelas desapareceren do horizonte. No hemisferio sur aparece ao revés e máis baixo no ceo durante os meses de verán.[3]
O triángulo rodea a maior parte da tenue constelación de Monoceros, así e todo é difícil darse de conta a simple vista.
Notas
editar- ↑ Charles Morse Huffer; Frederick E. Trinklein; Mark Bunge (1967). An introduction to astronomy. Holt, Rinehart and Winston.
- ↑ Ian Ridpath (2012). The Monthly Sky Guide. Cambridge University Press. p. 15. ISBN 978-1-139-62066-6.
- ↑ Lou Williams A dipper full of stars. 1964.