Tresminas
Tresminas é unha freguesía portuguesa do concello de Vila Pouca de Aguiar, no distrito de Vila Real. Nela consérvanse restos de importantes obras realizadas durante o Imperio romano.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Portugal | |||
Distritos | Distrito de Vila Real | |||
Concello | Vila Pouca de Aguiar ![]() | |||
Poboación | ||||
Poboación | 528 (2001) ![]() | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 55,85 km² ![]() | |||
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/9/91/Pinhal_-_panoramio_-_Belarmino_Ribeiro.jpg/280px-Pinhal_-_panoramio_-_Belarmino_Ribeiro.jpg)
Xeografía
editarEstá situada na Serra da Padrela, 15 km ao leste da capital do concello.[1] A freguesía ocupa unha superficie de 55,85 km² e tiña unha poboación de 415 habitantes en 2011,[2] cunha densidade de poboación de 7,4 hab/km². Inclúe no seu territorio os lugares de Covas, Filhagosa, Granja, Revel, Ribeirinha, Cevivas, Tresminas, Vales e Vilarelho.
Flora
editarA flora da rexión, rica en uces (Erica spp.), confire ao mel producido na zona un sabor característico que o torna moi apreciado. Esta influencia no seu mel tradúcese, tamén, nas súas cualidades terapéuticas específicas, destacando as propiedades antioxidantes, antirreumáticas, diuréticas e de protección contra os cálculos biliares. A pesar de existiren indicios de que o castiñeiro seria unha especie espontánea nesta rexión antes da chegada dos romanos, crese que a difusión do seu cultivo ocorreu co dominio romano.[3]
Lugares de interese
editarOs pincipais lugares dignos de visitar son a Igrexa romana de Tresminas e as minas romanas da Ribeirinha e Covas.
Poboación
editarEvolución da poboación 1864-2011[2] | ||||||||||||||
1864 | 1878 | 1890 | 1900 | 1911 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 2001 | 2011 |
1014 | 926 | 902 | 828 | 928 | 831 | 938 | 1053 | 1256 | 1419 | 1222 | 946< | 685 | 528 | 415 |
0-14 | 15-24 | 25-64 | > 65 | 0-14 | 15-24 | 25-64 | > 65 | ||
68 | 57 | 265 | 138 | 12,9 % | 10,8 % | 50,2 % | 26,1 % | ||
37 | 30 | 195 | 153 | 8,9 % | 7,2 % | 47,0 % | 36,9 % |
Historia
editarA explotación romana do ouro en Tresminas iniciouse durante o reinado de Augusto (27 a.C.–14 d.C.), prolongándose até a segunda metade do século II, a época de Septimio Severo. A explotación foi feita principalmente polo sistema de cortaduras a ceo aberto, aínda que se identificaron galerías de explotación subterránea (Lagoinhos),[1] orixinando cráteres de grandes dimensións que, até hoxe, testemuñan na paisaxe o esforzo humano alí emprendido. Segundo Alarcão (1988),
«...tales desmontes só poden ter sido feitos por grandes grupos de operarios, cuxa contratación e vixilancia superaba a capacidade administrativa e financeira de un particular ou de unha pequena sociedade empresarial (...) e parecen ter exixido unha media de 2 000 obreiros traballando diariamente durante 200 anos».
O complexo mineiro comprende os filóns de Trasminas, Gralheria e Campo de Jales, sendo unha das maiores explotacións auríferas do Imperio romano. Existen tres cortaduras de explotación: a Cortadura de Covas, a Cortadura de Ribeirinha e a Cortadura de Lagoinhos,[1] [4] sendo as dúas primeiras de dimensóns considerabelmente superiores, atinxindo profundidades da orde dos 100 m. Transversalmente á orientación do filón, abríronse varias galerías.
Durante os séculos I e II foron explotados e tratados metalurxicamente, a escala industrial, minerais polimetálicos con elevadas taxas de ouro e prata. As actividades mineiras centráronse na extracción dos tres principais filóns auro-arxentíferos das cortaduras citadas, encaixados en formacións rochosas de xistos e granitos.[4]
Este complexo sistema de galerías pode hoxe, na maioría dos casos, ser visitada. Destinábanse ao transporte de materiais e ao escoamento das augas para a drenaxe das cortadas, razón pola cal presentan sempre un declive en relación á abertura, á superficie. Crese que parte do traballo do tratamento dos minerais ocorrese no interior das galerías. O abastecemento de auga era canalizado por medio de acuedutos, a partir do río Tinhela e da ribeira da Fraga. Descubríronse dous encoros romanos nos arredores da poboación de Tinhela de Baixo.
A antigüidade da presenza humana naquela zona refórzase pola existencia de pontes e estradas caracteristicamente romanas, así como pola existencia de castros mineiros (como, por exemplo, o Castro de Cidadelha de Jales, recentemente incluído nunha candidatura galaico-portuguesa a Patrimonio da Humanidade).[5]
O ouro alí obtido era destinado directamente a Roma, fundamentalmente para a cuñaxe de moedas de ouro ou aureus. Dado que estaban baixo administración estatal directa, existían destacamentos de soldados romanos destinados para velar pola seguridade do prezado metal: lexionarios da Legio VII Gemina, e unidades auxiliares como a I Cohors Gallica equitata civium Romanorum. É moi probábel que o distrito de Tresminas estivese ligado ao de Jales formando unha unidade administrativa: un territorium metallorum.[1] [4] Probabelmente este antigo territorium metallorum abarcaría toda a parte sur do actual concello de Vila Pouca de Aguiar: as freguesías de Tresminas, Alfarela e Vreia de Jales, así como algunhas áreas doutras freguesías limítrofes.[4]
Estímase que os romanos extraeron uns 20 000 kg de ouro en Tresminas, cos que seria posíbel cuñar cerca de 2 500 000 áureos, a moeda de ouro romana introducida polo primeiro emperador, Augusto.[3]
O Complexo Mineiro Romano de Tresminas foi declarado polo goberno portugués como ben de interese público.[4]
Desde hai sete anos celébrase en Vila Pouca de Aguiar un festival romano, cuxa próxima edición se celebrará probabelmente a mediados de xullo de 2018.[1]
Galería de imaxes
editar-
Freguesías de Vila Pouca de Aguiar
No centro dereita, Tresminas -
Poboación en 2001
-
Evolución da poboación 1864 — 2011
-
Variación porcentual da poboación 1864 — 2011
A construción de tres grandes encoros no río Támega e a protección do complexo mineiro
editarA compañía española Iberdrola investirá un total de 1,84 millóns de euros no complexo mineiro romano de ouro de Tresminas para contribuír á creación dun parque arqueolóxico. Segundo a compañía, este investimento —que comezou en 2016 e se estenderá até 2023, e no que participan medio cento longo de galegos— impulsará o valor histórico, patrimonial e arqueolóxico da rexión onde está construíndo un complexo hidroeléctrico no río Tâmega. O investimento da empresa española posibilitará a creación dun parque arqueolóxico no complexo mineiro, candidato a Patrimonio Mundial da UNESCO, e apoiará accións nas áreas de seguridade, investigación científica, conservación, xestión e ordenación do territorio e promoción turística. Iberdrola está desenvolvendo un complexo hidroeléctrico que constará de tres grandes presas, as de Gouvães, Tâmega e Daivões, que sumarán unha potencia instalada de 1 158 megavatios e producirán máis de 1 760 xigavatios-hora anuais. Cando estean en funcionamento, ditas centrais terán unha capacidade de almacenamento enerxético para abastecer a unha media de 300 000 hogares. Tal cantidade de enerxía adicional contribuirá a laminar o prezo da electricidade no mercado ibérico que xa comparten España e Portugal, e a reforzar a estabilidade do sistema de xeración.[6][7]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 El oro romano de Tresminas Arquivado 29 de abril de 2018 en Wayback Machine..
- ↑ 2,0 2,1 Instituto Nacional de Estatística (Recenseamentos Gerais da População) - INE.
- ↑ 3,0 3,1 Tresminas.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 "Complejo Minero Romano de Tresminas". Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2018. Consultado o 29 de abril de 2018.
- ↑ Las minas romanas de Tresminas (Portugal) presenta candidatura a Patrimonio de la Humanidad con el apoyo de las Médulas y de forma conjunta en Infobierzo.
- ↑ Iberdrola invierte 1,84 millones en el complejo minero romano en Portugal La Vanguardia, 27/04/2018.
- ↑ La mayor hidráulica de Portugal también tendrá acento gallego La Voz de Galicia, 29/04/2018.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Tresminas (en portugués).
- El oro romano de TresminasArquivado 29 de abril de 2018 en Wayback Machine. (en castelán).
- Complejo Minero Romano de TresminasArquivado 29 de abril de 2018 en Wayback Machine. (en castelán).
- El oro de Tresminas (Paisaje cultural y tecnología minera romana) Goberno de España. Museo Arqueológico Nacional (en castelán).
- Las Médulas y el yacimiento portugués de Tresminas se unen para ampliar la declaración de Patrimonio de la Humanidad Leonnoticias] 24 de xaneiro de 2017 (en castelán).