Rexional, Renfe
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2019.) |
Os trens Rexional, pertencentes á Unidade de Negocio Media Distancia Renfe, son os encargados de comunicar a maior parte dos concellos que posúen ferrocarril de cada provincia coa capital provincial ou autonómica, dentro dun raio de acción máximo de 300 km, con algunhas e contadas excepcións.
Prestacións
editarRenfe Rexional é a marca comercial que Renfe Operadora utiliza para ofrecer servizos rexionais dependentes do citado área de Renfe Media Distancia. Non existe a clase preferente, a cafetería nin a reserva de praza, podéndose viaxar de pé en caso de haber máis viaxeiros que prazas sentadas. Existe unicamente a 2ª clase. Este servizo é un punto medio entre un tren de Proximidades e un Rexional Exprés, que é a categoría inmediatamente superior, con menos paradas, e algunha prestación máis.
Estes trens efectúan numerosas paradas para intercomunica-la maior parte das localidades atravesadas polo ferrocarril entre si e coa capital provincial. Existen servizos de Media Distancia de tipo Rexional en tódalas cidades españolas, a excepción dos territorios insulares e a cidade de Bilbao. Algúns, co paso do tempo, cambiaron a denominación comercial, pero o seu esquema de paradas aseméllase á dos trens que circulan como Rexional, caso dos R-598 Sevilla-Málaga ou Sevilla-Almería.
A frecuencia dos servizos pode variar de entre os 30 e 60 min como é o caso do percorrido entre Ávila e Madrid ou existir un único tren ao día por sentido, caso de Valladolid - Póboa da Seabre.
Material móbil
editarOs trens utilizados son os seguintes:
- Diésel:
- 592
- 596
- Eléctricos:
- 432 (posúe asentos de 1ª clase pero non se cobran como tal)
- 440R
- 446 (como rexional cadenciado)
- 447 (como rexional cadenciado, lince e exprés)
- 470
Rexional Lince
editarOs trens Rexional Lince, que actualmente son denominados simplemente Rexional ou foron reconvertidos a Rexional Exprés, son trens de fin de semana, que parten das cidades grandes (Madrid) os venres pola tarde cara ás distintas cidades ou localidades españolas, para regresa-los domingos pola tarde.
O tipo de tren a utilizar é dos seguintes modelos:
- Serie 440R de Renfe (cores e asentos de Proximidades)
- Serie 447 de Renfe
- Serie 470 de Renfe
Rexional cadenciado
editarDenomínase así a un servizo Rexional que efectúa parada en todas as estacións dun núcleo de Cercanías Renfe aceptando viaxeiros con billete de proximidades entre as mesmas. En núcleos como Proximidades Madrid ou Rodalies Barcelona non se distinguen fisicamente dun tren de proximidades porque son as mesmas unidades (440R, 447 ou 450). En núcleos como Proximidades Valencia ou Proximidades Cádiz, os trens están pintados con cores de Media Distancia, usándose 440R/470 en Cádiz e 592 en Valencia.
As rutas de rexional cadenciado que existen actualmente son:
- Madrid-Atocha <> Ávila <> Valladolid-Campo Grande (procedentes case sempre de Guadalaxara como proximidades) (1 tren cada 2 h aproximadamente)
- Madrid-Atocha <> Segovia (procedentes de Guadalaxara como proximidades) (1 tren cada 2 h)
- Barcelona-Sants > Cerbère (9 trens diarios)
- Portbou > Barcelona-Sants (10 trens diarios)
- L'Hospitalet de Llobregat <> Ripoll / Ribes de Freser / Puigcerdà / Latour-de-Carol (trens intercalados con proximidades da liña 3)
- L'Hospitalet de Llobregat <> Lleida-Pirineus (trens intercalados con proximidades da liña 4).
- L'Hospitalet de Llobregat <> Figueres / Portbou (trens intercalados con proximidades da liña 1).
- València-Nord <> Utiel
- Cádiz <> Sevilla-Santa Justa (3 trens diarios por sentido)
- Madrid-Atocha <> Valladolid-Campo Grande (Rexional Lince, os venres sentido Valladolid, os domingos sentido Madrid)