Promissio Carisiaca

(Redirección desde «Tratado de Quierzy»)

A Promissio Carisiaca (en latín Promesa de Quierzy), coñecida tamén como Donatio Carisiaca, doazón de Pipino, tratado de Quierzy ou doazón de Quierzy, foi un acto a través do cal Pipino o Breve no 754 lle prometeu ao papa Estevo III[1] a restitución das terras tomadas ao Imperio bizantino polo rei longobardo Aistolfo. O territorio en cuestión correspondía na súa maioría ao Exarcado e á Pentápole.[2] O tratado está testemuñado por algunhas fontes, pero é de existencia incerta.

A doazón de Pipino o Breve ao papa Estevo III (754).

Historia

editar

Os termos do acordo eran que Pipino se comprometía a deter coas armas os longobardos e a obrigar o seu rei a restituír as terras antes pertencentes ao Exarcado de Rávena e ao Ducado romano. Ademais, o papa Estevo III consagraba solemnemente a dinastía carolinxia e concedíalle a Pipino o título de Patricius Romanorum (protector de Roma).

O futuro rei dos francos e o Pontífice xa tiveran anteriormente outros encontros, nun intento de persuadir a Aistolfo a restituír os territorios sen recorrer ás armas. Unha primeira asemblea de grandes notábeis tivera lugar en Braisne-sur-Vesle (nas Ardenas, 1 de marzo de 754) e unha segunda en Quierzy (en Picardía), o 14 de abril, día de Pascua, na cal se decidiu facerlle a guerra cos longobardos.

As terras que foron reconquistadas foron despois efectivamente doadas á Igrexa en 756, sancionando a creación do Estado Pontificio, de facto xa instituído pola doazón de Sutri.

O adxectivo carisiaca deriva do nome latino de Quierzy (Carisium).

  1. Ou Estevo II, dado o problema coa numeración dos papas deste nome, véxase Estevo II, papa.
  2. A. Cortonesi "Il Medeoevo: profilo di un millennio", Roma: Carocci Edetore 2008, pp. 70-73

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar