Transformers (filme)
Transformers é un filme de ciencia ficción, acción e aventura estadounidense de 2007, adaptación da franquía Transformers, dirixido por Michael Bay e producida por Steven Spielberg con guión de Roberto Orci e Alex Kurtzman. Está protagonizado por Shia LaBeouf, Megan Fox, Josh Duhamel, Tyrese Gibson, Jon Voight, Anthony Anderson e John Turturro, xunto con Peter Cullen e Hugo Weaving que dan voz a Optimus Prime e Megatron respectivamente.
Transformers | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Transformers |
Director | Michael Bay |
Produtor | |
Guión | |
Baseado en | Transformers de Hasbro |
Intérpretes | |
Música | Steve Jablonsky |
Fotografía | Mitchell Amundsen |
Montaxe |
|
Estudio | |
Distribuidora | Paramount Pictures[1] |
Estrea | Sydney: 12 de xuño de 2007 3 de xullo de 2007 |
Duración | 143 minutos[2] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Acción |
Orzamento | 150–200 millóns de dólares[3][4] |
Recadación | 709,7 millóns de dólares[5] |
Na rede | |
http://www.transformersmovie.com/ | |
Sinopse
editarProtagonizado por Shia LaBeouf como Sam Witwicky, un adolescente que se ve metido nunha guerra entre os heroicos Autobots e os malignos Decepticons, dúas faccións de robots alieníxenas que son capaces de transformarse en calquera máquina. Os Decepticons desexan o control de AllSpark, un obxecto que creou a súa raza robótica coa intención de usalo para dar vida a todas as máquinas da Terra.
Personaxes
editar- Shia LaBeouf como Sam Witwicky
- Josh Duhamel como Capitán William Lennox
- Megan Fox como Mikaela Banes
- Tyrese Gibson como TSgt. Robert Epps
- Rachael Taylor como Maggie Madsen
- Anthony Anderson como Glen Whitmann
- John Turturro como Agt. Seymour Simmons
- Jon Voight como John Keller
- Michael O'Neill como Tom Banachek
- Kevin Dunn como Ron Witwicky
- Julie White como Judy Witwicky
- Amaury Nolasco como ACWO Jorge "Fig" Figueroa
- Zack Ward como Sarxento Donnelly
- W. Morgan Sheppard como Capitán Archibald Witwicky
- Bernie Mac como Bobby Bolivia
- John Robinson como Miles Lancaster
- Travis Van Winkle como Trent DeMarco
- Glenn Morshower como Coronel Sharp
Produción
editarOs produtores Don Murphy e Tom DeSanto desenvolveron o proxecto en 2003. Hasbro, a propietaria dos xoguetes nos que se basea a franquía, organizou unha gran campaña promocional enorme con lanzamento coordinado de cómics, xoguetes e libros e publicidade indirecta con General Motors e eBay.
O filme, estreado o 28 de xuño de 2007 en Australia e o 3 de xullo nos Estados Unidos, constituíu un éxito de público, recadando máis de 700 millóns de dólares en todo o mundo, pero a crítica estivo dividida. O filme converteuse no primeiro dunha serie, o segundo foi Transformers: Revenge of the Fallen estreado o 24 de xuño de 2009.
Notas
editar- ↑ "Transformers (2007) - Financial Information". The Numbers. Consultado o 20 de abril de 2021.
- ↑ "TRANSFORMERS (12A)". British Board of Film Classification. 15 de xuño de 2007. Consultado o 19 de xaneiro de 2016.
- ↑ Bob Tourtellotte (1 de xullo de 2007). ""Transformers" film yields big bang on fewer bucks". Reuters. Consultado o 19 de agosto de 2010.
But the producers of "Transformers", Lorenzo di Bonaventura and Ian Bryce, say they have spent only $150 million on "Transformers", and they reckon they got a bargain.
- ↑ ALEX CHADWICK; KIM MASTERS (30 de abril de 2007). "'Spider-Man 3': Why So Expensive?". NPR. Consultado o 29 de abril de 2020.
- ↑ "Transformers en BoxOfficeMojo". Consultado o 16 de febreiro de 2021.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Transformers |
Ligazóns externas
editar- Transformers na IMDb (en inglés).