Transcobalamina
Transcobalamina I (proteína que se une á vitamina B12, familia de ligadores R)
| |
Identificadores | |
Símbolo | TCN1 |
Entrez | 6947 |
HUGO | 11652 |
OMIM | |
RefSeq | NM_001062 |
UniProt | P20061 |
Outros datos | |
Locus | Cr. 11 q11-q12 |
transcobalamina II; anemia macrocítica
| |
Identificadores | |
Símbolo | TCN2 |
Entrez | 6948 |
HUGO | 11653 |
OMIM | |
PDB | 2BB5 |
RefSeq | NM_000355 |
UniProt | P20062 |
Outros datos | |
Locus | Cr. 22 q11.2-qter |
As transcobalaminas son proteínas de transporte que se une á cobalamina (vitamina B12).
Tipos
editar- Transcobalamina I (TCN1), tamén chamada haptocorrina, factor R e proteína R é unha glicoproteína producida polas glándulas salivares da boca. Serve esencialmente para protexer a cobalamina (vitamina B12) da degradación ácida no estómago orixinando o complexo haptocorrina-vitamina B12. Unha vez que o complexo viaxou ao ambiente máis neutro do duodeno, as proteases pancreáticas degradan a haptocorrina, deixando libre a cobalamina, que seguidamente se unirá ao factor intrínseco para ser absorbida nos enterocitos do íleo.
- Transcobalamina II (TCN2), proteína que se une á cobalamina unha vez que foi absorbida polos enterocitos do ileo e se degradou o complexo "factor intrínseco-vitamina B12", quedando a vitamina libre na célula. A transcobalamina II realiza o transporte da vitamina B12 aos tecidos.[1]
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Transcobalamins Medical Subject Headings (MeSH) na Biblioteca Nacional de Medicina dos EUA.