Trambolosríos
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Trambolosríos é un espazo natural situado na parroquia de Castrelo de Abaixo, concello de Riós, na fronteira entre Galiza e Portugal (A Raia).
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
División administrativa | España ![]() | |||
| ||||
Características
editarEn Trambolosríos xúntanse o río Arzoá e o río Mente, que constitúen a marca de fronteira. É un lugar de grande importancia ecolóxica, natural e paisaxística, que linda co Parque Natural Montes do Invernadeiro en Portugal. O lugar atópase no fondo dun val fluvial, arrodeado por pronunciadas ladeiras e cortados de filitas.
Hai varias décadas o lugar empregábase como paso entre España e Portugal, pero actualmente atópase en desuso, e os antigos camiños foron invadidos pola maleza.
Trambolosríos destaca pola súa paisaxe natural, cun frondoso bosque de especies autóctonas e sobre todo piñeiros, procedentes dunha recente repoboación.