Trae Bell-Haynes
Trae Bell-Haynes, nado o 5 de setembro de 1995 en Toronto, é un xogador profesional de baloncesto canadense. Cunha altura de 1,88 m xoga na posición de base. Formado na Universidade de Vermont, actualmente xoga para o Casademont Zaragoza da Liga ACB.
(2023) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 5 de setembro de 1995 (29 anos) Toronto, Canadá | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Bill Crothers Secondary School (en) Universidade de Vermont | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1.880 mm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 82 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2018 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | NBA G League e Baloncesto masculino da División I da NCAA | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Base | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Traxectoria
editarNado en Toronto, Trae Bell-Haynes formouse na Escola Secundaria de Bill Crothers, situada ás aforas da cidade. Alí foi capitán do equipo e líder en anotación. Posteriormente ingresou na Universidade de Vermont. Cos Vermont Catamounts fixo unha media de 11,7 puntos, 3 rebotes e 4 asistencias por partido en catro temporadas, destancando a súa última, onde fixo unha media de 14,6 puntos, 4,3 asistencias e 4,1 rebotes. Durante esta etapa foi escollido habitualmente nos quintetos destacados da conferencia America East e nomeado mellor xogador nas dúas últimas temporadas. Após finalizador a súa estancia universitaria, tras non saír seleccionado no Draft da NBA, disputou a liga de verán da NBA cos Milwaukee Bucks.[1]
A súa primeira experiencia como profesional sería en 2018 na Basketball Bundesliga alemá cos Skyliners Frankfurt. Alí fai unha media de 6,1 puntos e 2,6 asistencias por encontro. Ao ano seguinte, após pasar por ligas de desenvolvemento norteamericanas, regresa a Europa cos Helsinki Seagulls da Korisliiga, onde destaca con 12,8 puntos e 4,8 asistencias por encontro. Na temporada 2020−21 regresa á Bundesliga cos Crailsheim Merlins, onde consegue ser nomeado o Mellor Xogador Ofensivo da competición cunha media de 16,8 puntos e 7,2 asistencias e 3,8 rebotes por partido. O 16 de xullo de 2021 asina polo Río Breogán da Liga ACB,[1] onde fai unha media de 12,9 puntos e 4,1 asistencias por encontro. Apos finalizar o seu contrato co Breogán, asina co Budućnost VOLI.
Clubs
editarAo longo da súa carreira, Bell-Haynes ten xogado para os seguintes equipos profesionais:[2][3]
- Skyliners Frankfurt (BBL / Eurocup, 2018–2019)
- Niagara River Lions (CEBL, 2019)
- Helsinki Seagulls (Korisliiga, 2017−2018)
- Niagara River Lions (CEBL, 2020)
- Crailsheim Merlins (BBL, 2020–2021)
- CB Breogán (ACB, 2021−2022)
- Budućnost VOLI (Prva A / Eurocup, 2022−2023)
- Basket Zaragoza (ACB, 2023−presente)
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Trae Bell- Haynes, director de xogo do Río Breogán". CB Breogán. 16 de xullo de 2021. Consultado o 16 de xullo de 2021.
- ↑ "Trae Bell-Haynes Player Profile". Real GM (en inglés). Consultado o 16 de xullo de 2021.
- ↑ "Trae Bell-Haynes, Basketball Player". Proballers (en inglés). Consultado o 16 de xullo de 2021.