Três Lagoas
Três Lagoas é un municipio do Estado brasileiro de Mato Groso do Sur. Sitúase ao leste do estado, na divisa co estado de São Paulo ás marxes do río Paraná, a 337 km de Campo Grande, ao cal se liga pola estrada BR-262, e a 680 km da cidade de São Paulo, á cal se liga pola moderna estrada SP-300.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Brasil | ||||
Unidades da federación | Mato Groso do Sur - Mato Grosso do Sul ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 132.152 (2022) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 10.206,37 km² ![]() | ||||
Altitude | 384 m-319 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | Água Clara Inocência (pt) ![]() Itapura (pt) ![]() Pauliceia (pt) ![]() Castilho (pt) ![]() Ilha Solteira (pt) ![]() Brasilândia (pt) ![]() Selvíria (pt) ![]() ![]() | ||||
Creación | 1915 ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 79600-000 a 79649-999 ![]() | ||||
Prefixo telefónico | 67 ![]() | ||||
Código de concello do Brasil | 5008305 ![]() | ||||
Sitio web | treslagoas.ms.gov.br ![]() |
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/7/7d/TresLagoasnordeste.jpg/257px-TresLagoasnordeste.jpg)
Situada nunha excelente localización xeográfica grazas ao río Paraná, as estradas e á pasaxe do ferrocarril e do gasoduto que ligan o Brasil a Bolivia, a cidade é un punto de concentración de transportes e almacéns de cargas en xeral, especialmente os produtos agropecuarios producidos na cidade e no seu contorno. As principais industrias da cidade son as téxteis, de calzados e de metalurxia. A cidade conta con enerxía hidroeléctrica xerada polo río Paraná e tamén por unha central termoeléctrica. O turismo non é moi expresivo na súa economía, e en xeral constitéese de visitantes interesados na pesca fluvial.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Três Lagoas |