Tournai
Tournai (en alemán Dornick; en latín Tornacum; en neerlandés Doornik) é unha cidade francófona de Bélxica situada na rexión valoa, cabeceira de distrito na provincia de Hainaut e sede de bispado.[1]
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Bélxica | ||||
Rexión | Valonia | ||||
Provincia | Provincia de Hainaut | ||||
Distrito | arrondissement of Tournai-Mouscron (en) ![]() ![]() | ||||
Capital de | |||||
Capital | Tournai (en) ![]() ![]() | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 69.554 (2018) ![]() | ||||
Lingua oficial | lingua francesa ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 213,75 km² ![]() | ||||
Bañado por | Río Escalda ![]() | ||||
Altitude | 24 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | Estaimpuis (pt) ![]() Antoing (pt) ![]() Brunehaut (pt) ![]() Rumes (pt) ![]() Péruwelz (pt) ![]() Frasnes-lez-Anvaing Leuze-en-Hainaut (pt) ![]() Celles (pt) ![]() Bachy Camphin-en-Pévèle Toufflers Wannehain Sailly-lez-Lannoy Baisieux Willems Pecq (pt) ![]() ![]() | ||||
Santo padrón | Saint Piatus (en) ![]() ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Mayor of Tournai (en) ![]() ![]() | Paul-Olivier Delannois (2018–) ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 7500, 7540, 7543, 7532, 7548, 7536, 7520, 7504, 7530, 7522, 7503, 7534, 7531, 7521, 7501, 7533, 7502, 7538, 7542 e 7506 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 069 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | tournai.be ![]() | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Tournai é unha das cidades máis antigas de Bélxica, xunto con Arlon e Tongres. Tivo un papel histórico, económico e cultural importante no Condado de Flandres durante a Idade Media e o Renacemento.[2]
Tanto o campanario de Tournai (Beffroi en francés; Belfort en neerlandés), o máis antigo de Bélxica, como a Catedral de Nosa Señora (Cathédrale de Notre-Dame en francés; Onze-Lieve-Vrouwekathedraal en neerlandés) están incluídos na listaxe do patrimonio da humanidade da UNESCO.[3] A catedral, impoñente construción de arte románica e de arquitectura gótica, é coñecida polos seus cinco campanarios e polo seu tesouro.[4][5] Xunto coa cidade francesa de Lille e a cidade flamenga de Kortrijk, forma a eurometrópole Lille-Tournai-Kortrijk.[6]
Etimoloxía
editarA cidade está documentada baixo os nomes de Turris Nervorium (século I), Turnacum (300) e Turnaco (365), que significa "lugar" (sufixo céltico āko >-ACU) "dos outeiros" (galo turno- «altura» [?], cf. bretón torn-aot «cantil»).
Prodúcese homonimia con outros lugares como Tournai-sur-Dive e os numerosos Tournay, Tourniac, Tornac, etcétera. O mesmo elemento turno- pode identificarse en Turno-magus > Tournon e en Turno-durum > Tonnerre.
Historia
editarA cidade, establecida hai máis de 2.000 anos, foi cambiando sucesivamente de dominio: galo-romana, franca (cidade real baixo os reinados de Khilderico I e de Clodoveo I e, xa que logo, a primeira capital de Francia).[7]
Arredor do ano 850 foi integrada no Condado de Flandres, que se converteu en Estado vasalo do rei de Francia. A partir de 1187, despois das loitas dos seus habitantes, a cidade obtivo certa independencia de cara ao resto do condado, e pasou a depender directamente da coroa de Francia.
Permaneceu sendo francesa ata 1521 (exceptuando unha breve ocupación inglesa baixo Henrique VIII en 1513).[8] En 1521, o asedio da cidade terminou por facela pasar a mans de Carlos V, e Tournai uniuse así aos Países Baixos españois.
Lois XIV reconquistouna para Francia en 1668, pero tivo que cedela a Austria en 1713. A partir desa data, a cidade correu a mesma sorte que o conxunto dos Países Baixos austríacos. En 1755 tivo lugar a batalla de Fontenoy (poboación situada a uns 10 quilómetros de Tournai), con vitoria francesa e irlandesa contra as tropas inglesas e austríacas.
A cidade foi conquistada por Francia baixo a Revolución e o Imperio. Uniuse ao reino dos Países Baixos en 1815. Foi integrada na Bélxica independente en 1830.
Situación e lugares de interese
editarConta entre os seus monumentos máis importantes co Belfort ou Beffroi, a torre do campanario desde a que se domina a cidade e os seus arredores, e coa catedral da Nosa Señora, de amplas naves, na que se realizaron traballos arqueolóxicos en 2007 e de restauración en 2014.
Cidades irmandadas
editarNotas
editar- ↑ "Tournai". En Encyclopédie Larousse.
- ↑ "Tournai, la ciudad de los 5 campanarios". En Belgica-turismo.es.
- ↑ "Belfries of Belgium and France". UNESCO. World Heritage Scanned Nomination.
- ↑ "Catedral de Nuestra Señora de Tournai". En EcuRed.cu.
- ↑ "Notre-Dame Cathedral in Tournai". UNESCO World Heritage List.
- ↑ "Une eurométropolefranco-belge Arquivado 21 de marzo de 2015 en Wayback Machine.".
- ↑ Williams, Stephen. Diocletian and the Roman Recovery. Nova York. Routledge, 1997.
- ↑ Davies, C. S. L. "Tournai and the English crown, 1513-1519". En Historical Journal (1998): 1-26.
- ↑ "Tournai jumelée avec Bethléem Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine.". En Dhnet.be.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Sitio web oficial da cidade de Tournai.
- "Bruselas y Valonia". Oficina de Turismo de Bélgica en España.