Tour de Francia 2010
A 97.ª edición do Tour de Francia disputouse do 3 ó 25 de xullo de 2010. Estivo composto por 20 etapas máis un prólogo, para completar un percorrido total de 3.640,9 kms.
Participaron 197 ciclistas, repartidos en 22 equipos, dos que remataron a carreira 170.
O gañador da carreira foi Andy Schleck despois de que Alberto Contador fose descualificado por dar positivo nun control antidopaxe. O segundo posto foi para Denis Menchov, e o terceiro para Samuel Sánchez.
Participantes
editarParticipan 22 equipos, 18 de categoría UCI ProTour e 4 equipos de categoría Profesional Continental, formando un pelotón de 197 ciclistas.
Equipos e líderes
editarOs equipos participantes foron:
Equipo | Cód.UCI | Categoría | Xefe de filas |
---|---|---|---|
Astana | AST | UCI ProTour | Alberto Contador |
Team Saxo Bank | SAX | UCI ProTour | Andy Schleck |
Team RadioShack | RSH | UCI ProTour | Lance Amstrong |
Sky Professional Cycling Team | SKY | UCI ProTour | Bradley Wiggins |
Liquigas | LIQ | UCI ProTour | Ivan Basso e Roman Kreuziger |
Garmin-Transitions | GRM | UCI ProTour | Christian Vande Velde e Tyler Farrar |
FDJ | FDJ | UCI ProTour | Christophe Le Mevel e Sandy Casar |
Team Katusha | KAT | UCI ProTour | Vladimir Karpets e Joaquim Rodríguez |
Ag2r-La Mondiale | ALM | UCI ProTour | Nicolas Roche, John Gadret e Rinaldo Nocentini |
Cervélo Test Team | CTT | Profesional Continental | Carlos Sastre |
Omega Pharma-Lotto | OLO | UCI ProTour | Jurgen Van Den Broeck |
Team Columbia-HTC | THR | UCI ProTour | Mark Cavendish, Maxime Monfort e Michael Rogers |
BMC Racing Team | BMC | Profesional Continental | Cadel Evans |
Quick Step | QST | UCI ProTour | Sylvain Chavanel |
Team Milram | MRM | UCI ProTour | Linus Gerdemann e Gerald Ciolek |
Bbox Bouygues Télécom | BBO | Profesional Continental | Thomas Voeckler |
Caisse d'Epargne | GCE | UCI ProTour | Luis León Sánchez e Christophe Moreau |
Cofidis | COF | Profesional Continental | Rein Taaramäe |
Euskaltel-Euskadi | EUS | UCI ProTour | Samuel Sánchez |
Rabobank | RAB | UCI ProTour | Denis Menchov e Robert Gesink |
Lampre-Farnese Vini | LAM | UCI ProTour | Damiano Cunego |
Footon-Servetto | FOT | UCI ProTour | Eros Capecchi e Arkaitz Durán |
Etapas
editarClasificacións finais
editarA clasificación xeral concluíu do seguinte xeito:[1]
Posición | Ciclista | Equipo | Tempo |
---|---|---|---|
Desc. | |||
Andy Schleck | Team Saxo Bank | 91h 59' 27" | |
2 | Denis Menchov | Rabobank | + 1' 22" |
3 | Samuel Sánchez | Euskaltel-Euskadi | + 3' 01" |
4 | Jurgen Van Den Broeck | Omega Pharma-Lotto | + 6' 15" |
5 | Robert Gesink | Rabobank | + 8' 52" |
6 | Ryder Hesjedal | Garmin-Transitions | + 9' 36″ |
7 | Joaquim Rodríguez | Team Katusha | + 10' 58″ |
8 | Roman Kreuziger | Liquigas-Doimo | + 11' 15″ |
9 | Chris Horner | Team RadioShack | + 11' 23″ |
10 | Luis León Sánchez | Caisse d'Epargne | + 13' 42″ |
Malia que a clasificación xeral da carreira rematou co primeiro posto de Alberto Contador, o madrileño foi posteriormente desposuído da vitoria acusado de doparse, despois de dar positivo nun control. O triunfo e as honras pasaron así ás mans de Andy Schleck, que acadou deste xeito o seu primeiro éxito no Tour de Francia.
Notas
editar- ↑ "Clasificacións". letour.fr. 25 de xullo de 2009. Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2010. Consultado o 29 de xullo de 2010.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tour de Francia 2010 |