Tour Down Under 2015
A 17ª edición do Tour Down Under (oficialmente polo patrocinio: Santos Tour Down Under) celebrouse nos arredores de Adelaida, Australia entre o 20 e o 25 de xaneiro de 2015.
Tipo | Tour Down Under |
---|---|
Deporte | ciclismo en ruta |
Parte de | UCI WorldTour 2015 |
Distancia do evento | 812,3 km |
Liña de meta | Adelaida |
Número de participantes | 133 |
Participantes | |
AG2R La Mondiale 2015, Astana 2015, BMC Racing 2015, Cannondale-Garmin 2015, Etixx-Quick Step 2015, FDJ 2015, Giant-Alpecin 2015, IAM 2015, Katusha 2015, Lampre-Merida 2015, Lotto NL-Jumbo 2015, Lotto-Soudal 2015, Movistar 2015, Orica-GreenEDGE 2015, Sky 2015, Tinkoff-Saxo 2015, Trek Factory Racing 2015, Drapac 2015 e UniSA-Australia 2015 (en) | |
Localización e Datas | |
País | Australia |
Intervalo de tempo | 20 de xaneiro de 2015 – 25 de xaneiro de 2015 |
Número de edición | 17 |
Competición | |
Primeiro posto | Rohan Dennis Richie Porte Cadel Evans Jack Bobridge Daryl Impey Rohan Dennis Movistar 2015 |
Outro | |
Páxina web oficial | tourdownunder.com.au |
A carreira comezou en Tanunda e tras 812 quilómetros rematou en Adelaida. Nela participaron 133 ciclistas de 19 equipos, un número de 7 por equipo. A etapa raíña foi a quinta, que tivo final no outeiro de Willunga.
Esta proba foi a carreira inaugural do calendario do UCI WorldTour 2015. O gañador foi o australiano Rohan Dennis, que empregou un tempo de 19 horas 15 minutos e 18 segundos para percorrer os 812 km cunha velocidade media de 42,18 km/h. Ademais, Rohan Denis tamén logrou o maillot branco dos xoves. O resto do podio tamén foi local, xa que segundo quedou Richie Porte e terceiro o excampión do Tour de Francia e do mundo, Cadel Evans.
Nas clasificacións secundarias, o tamén australiano Jack Bobridge gañou o maillot de puntos azuis da montaña, o surafricano Daryl Impey logrou a clasificación dos sprints e o equipo navarro do Movistar Team venceu na clasificación por equipos.
Equipos
editarNo Tour Down Under participaron 19 equpos diferentes: os 17 do UCI WorldTour (participación obrigada), 1 equipo australiano de categoría Profesional Continental e unha selección de xoves ciclistas locais que competiu co nome de UniSA-Australia polo patrocinio da Universidade do Sur de Australia.
Equipo | Código | Categoría | Xefe de filas |
---|---|---|---|
Ag2r La Mondiale | ALM | UCI WorldTour | Domenico Pozzovivo |
Astana Pro Team | AST | UCI WorldTour | Luis León Sánchez e Lars Boom |
BMC Racing Team | BMC | UCI WorldTour | Cadel Evans e Rohan Dennis |
Drapac Professional Cycling | DPC | Prof. Continental | Graeme Brown |
Etixx-Quick Step | EQS | UCI WorldTour | Gianni Meersman e Maxime Bouet |
FDJ | FDJ | UCI WorldTour | Jérémy Roy |
IAM Cycling | IAM | UCI WorldTour | Stef Clement e Henrich Haussler |
Team Katusha | KAT | UCI WorldTour | Giampaolo Caruso e Tiago Machado |
Lampre-Merida | LAM | UCI WorldTour | Niccolò Bonifazio |
Lotto-Soudal | LTS | UCI WorldTour | Thomas De Gendt e Adam Hansen |
Movistar Team | MOV | UCI WorldTour | Juan José Lobato e Gorka Izagirre |
Orica-GreenEDGE | OGE | UCI WorldTour | Simon Clarke e Daryl Impey |
Team Cannondale-Garmin | TCG | UCI WorldTour | Ryder Hesjedal |
Team Giant-Alpecin | TGA | UCI WorldTour | Marcel Kittel e Tom Dumoulin |
Team LottoNL-Jumbo | TLJ | UCI WorldTour | George Benett e Maarten Tjallingii |
Team Sky | SKY | UCI WorldTour | Richie Porte |
Tinkoff-Saxo | TCS | UCI WorldTour | Michael Rogers |
Trek Factory Racing | TFR | UCI WorldTour | Giacomo Nizzolo |
UniSA-Australia | Selección nacional | Jack Bobridge |
Etapas
editarEtapa | Data | Percorrido | km | Gañador | Líder |
1.ª | 20 de xaneiro | Tanunda-Campbelltown | 132,6 | Jack Bobridge | Jack Bobridge |
2.ª | 21 de xaneiro | Unley-Stirling | 150,5 | Juan José Lobato | Jack Bobridge |
3.ª | 22 de xaneiro | Norwood-Paracombe | 143,2 | Rohan Dennis | Rohan Dennis |
4.ª | 23 de xaneiro | Glenelg-Mt Barker | 144,5 | Steele von Hoff | Rohan Dennis |
5.ª | 24 de xaneiro | McLaren Vale-Willunga Hill | 151,5 | Richie Porte | Rohan Dennis |
6.ª | 25 de xaneiro | Adelaida | 90 | Wouter Wippert | Rohan Dennis |
Total | 812,3 | Rohan Dennis |
---|
-
1ª etapa.
-
2ª etapa.
-
3ª etapa.
-
4ª etapa.
-
5ª etapa.
-
6ª etapa.
Clasificación xeral
editarA seguinte táboa amosa as vinte primeiras posicións da clasificación xeral tralo remate da carreira:
Posición | Ciclista | Equipo | Tempo |
---|---|---|---|
Rohan Dennis | BMC Racing Team | 19h 15' 18" | |
2 | Richie Porte | Team Sky | + 2" |
3 | Cadel Evans | BMC Racing Team | + 20" |
4 | Tom Dumoulin | Team Giant-Alpecin | + 22" |
5 | Rubén Fernández | Movistar Team | + 24" |
6 | Domenico Pozzovivo | Ag2r La Mondiale | + 31" |
7 | Daryl Impey | Orica-GreenEDGE | + 35" |
8 | Gorka Izagirre | Movistar Team | + 52" |
9 | Jarlinson Pantano | IAM Cycling | + 53" |
10 | George Bennett | Team LottoNL-Jumbo | + 57" |
11 | Tsgabu Grmay | Lampre-Merida | + 1' 00" |
12 | Tiago Machado | Team Katusha | + 2' 00" |
13 | Luis León Sánchez | Astana | m.t. |
14 | Michael Rogers | Tinkoff-Saxo | + 2' 14" |
15 | Maxime Bouet | Etixx-Quick Step | + 2' 28" |
16 | Jack Haig | UniSA-Australia | + 2' 31" |
17 | Adam Hansen | Lotto-Soudal | + 2' 33" |
18 | Simon Geschke | Team Giant-Alpecin | + 2' 41" |
19 | Jérémy Roy | FDJ | + 2' 43" |
20 | Julien Berard | Ag2r La Mondiale | + 2' 46" |
Outras clasificacións
editarClasificación dos sprints
editarPos. | Ciclista | Equipo | Puntos |
---|---|---|---|
Daryl Impey | Orica | 55 | |
2 | Niccolo Bonifazio | Lampre | 39 |
3 | Cadel Evans | BMC | 37 |
4 | Tom Dumoulin | Giant-Alpecin | 36 |
5 | Richie Porte | Sky | 34 |
Clasificación da montaña
editarPos. | Ciclista | Equipo | Puntos |
---|---|---|---|
Jack Bobridge | Australia | 36 | |
2 | Rohan Dennis | BMC | 34 |
3 | Richie Porte | Sky | 22 |
4 | Cadel Evans | BMC | 18 |
5 | Domenico Pozzovivo | Ag2r | 14 |
Clasificación dos xoves
editarPos. | Ciclista | Equipo | Tempo |
---|---|---|---|
Rohan Dennis | BMC | 19h 15' 18" | |
2 | Tom Dumoulin | Giant-Alpecin | + 22" |
3 | Rubén Fernández | Movistar | + 24" |
4 | George Bennett | LottoNL-Jumbo | + 57" |
5 | Tsgabu Grmay | Lampre | + 1' 00" |
Clasificación por equipos
editarPos. | Equipo | Tempo |
---|---|---|
Movistar | 57h 48' 48" | |
2 | BMC | 1' 21" |
3 | Lotto-Soudal | 4' 24" |
4 | Ag2r La Mondiale | 5' 46" |
5 | IAM | 5' 57" |