Totally Spies!
Totally Spies! é unha serie de debuxos animados franco-canadense creada por Vincent Chalvon-Demersay e David Michel e producida por Marathon Media Group e Image Entertainment Corporation. A serie foi creada para que se asemellase ó estilo anime e estaba baseada orixinalmente no concepto dunha banda de música de rapazas. Céntrase en tres mozas adolescentes de Beverly Hills (California), que traballan como axentes espías.
Totally Spies! | |
---|---|
![]() ![]() | |
Formato | Espías[1][2] |
Creado por | Vincent Chalvon-Demersay David Michel |
Desenvolvido por | Marathon Media Group Image Entertainment Corporation (tempadas 3–5) |
Dirixido por | Stephane Berry Pascal Jadin |
Intérpretes | Claire Guyot Fily Keita Céline Mauge Jean-Claude Donda |
Tema de apertura | "Here We Go" (tempadas 1–5) |
País de orixe | ![]() ![]() |
Lingua(s) | Inglés e francés |
Temporadas | 6 |
Episodios | 156 (Lista de episodios) |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) | Stephane Berry Vincent Chalvon-Demersay Michelle Lamoreaux Robert Lamoreaux Sylvain Viau |
Duración | 22 minutos |
Distribuidor | Zodiak Kids Saban Entertainment (tempada 1) The Walt Disney Company France (tempada 6) |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | TF1 Teletoon Fox Kids Jetix Cartoon Network Super RTL TVG (Galicia) |
Primeiro episodio | 3 de novembro de 2001 |
Derradeiro episodio | 3 de outubro de 2014 |
Na rede | |
https://www.banijaykidsandfamilydistribution.com/programmes/7282 | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Totally Spies! foi emitida por vez primeira o 3 de novembro de 2001 a través de ABC Family nos Estados Unidos.[3] Emitiuse por TF1 en Francia o 3 de abril de 2002,[4] e en Teletoon para o Canadá o 2 de setembro de 2002.[5] Dende a súa emisión, foron emitidos 156 episodios, cun total de seis tempadas. Entre eles inclúense episodios especiais e producións de cine, realizadas e estreadas entre a cuarta e a quinta tempada. Foi emitida internacionalmente en máis de 150 territorios, incluíndo Galicia, sendo emitido en galego a través do Xabarín Club da TVG.
Notas
editar- ↑ Myc Wiatrowski, ed. (2014). Popular Culture in the Twenty-First Century. p. 146. ISBN 9781443864442.
- ↑ Britton, Wesley Alan (2005). Greenwood Publishing Group, ed. Beyond Bond: Spies in Fiction and Film. p. 230. ISBN 9780275985561.
- ↑ Zodiak France, ed. (3 de abril de 2002). "Totally Spies : Programme le plus visionne sur ABC Family aux USA" (en francés). Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2015. Consultado o 18 de febreiro de 2015.
- ↑ Zodiak France, ed. (3 de abril de 2002). "Totally Spies takes off on-line and on TF1!". Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2015. Consultado o 18 de febreiro de 2015.
- ↑ Channel Canada, ed. (28 de agosto de 2002). "Fall 2002 Highlights: Teletoon". Consultado o 30 de xullo de 2013.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Totally Spies! na IMDb (en inglés).