TotalBiscuit
John Bain, nado o 8 de xullo de 1984 en Spennymoor, Inglaterra, e finado o 24 de maio de 2018, máis coñecido polos seus alcumes de TotalBiscuit, The Cynical Brit, e TotalHalibut, foi un comentarista e crítico de videoxogos, realizando o seu traballo principalmente nas plataformas de YouTube e Twitch.tv. Segundo Eurogamer, os seus vídeos sobre novos videoxogos indie e as súas análises regulares sobre novas relacionadas co mundo dos videoxogos levárono a conseguir unha considerable cantidade de seguidores.[1] O 13 de marzo de 2013 acadou o millón de subscritores na súa canle de YouTube, ocasión pola que publicou un vídeo de media hora de duración comentando diversos aspectos da súa vida.[2]
![]() (2013) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en-gb) John Peter Bain ![]() 8 de xullo de 1984 ![]() Spennymoor (Reino Unido) ![]() |
Morte | 24 de maio de 2018 ![]() Charlotte, Estados Unidos de América ![]() |
Causa da morte | intestinal cancer (en) ![]() ![]() |
Lugar de sepultura | valor descoñecido ![]() |
Outros nomes | TotalBiscuit The Cynical Brit TotalHalibut ![]() |
Relixión | Deísmo ![]() |
Educación | De Montfort University (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | youtubeiro, videoblogueiro, xogador profesional de videoxogos, produtor de televisión, video game critic (en) ![]() ![]() ![]() |
Período de actividade | 2005 ![]() ![]() |
Deporte | desporto eletrónico (pt) ![]() ![]() |
Disciplina deportiva | Hearthstone Starcraft II (en) ![]() ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Genna Bain ![]() |
Premios | |
| |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
A principal fonte da súa popularidade foi a súa canle principal de YouTube, sendo a súa serie máis popular a titulada "WTF is...?", na que amosaba as súas primeiras impresións sobre videoxogos de nova publicación.[3] Segundo Will Porter de Eurogamer suxeriu que a súa popularidade debíase ao "ton de autoridade" da súa voz,[1] mentres que o mesmo TotalBiscuit declarou que a chave do seu éxito eran a súa honestidade e personalidade.[3] En xaneiro de 2015 Totalbiscuit converteuse no primeiro curador da plataforma Steam, cuns 400 000 seguidores.[4]
Foi nomeado nos premios Golden Joystick de 2012 na categoría de Greatest YouTube Gamer,[5] e o 5 de decembro de 2014 recibiu o premio do público nos The Game Awards na categoría "Trending Gamer".[6]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Porter, Will. "The cult of TotalBiscuit". EuroGamer (en inglés). Consultado o 31 de decembro de 2012.
- ↑ Bain, John. "1 Million Subscribers Vlog" (en inglés). Consultado o 14 de marzo de 2013.
- ↑ 3,0 3,1 Calvin, Alex (2014-05-06). "WTF is... TotalBiscuit?" (en inglés). Consultado o 2014-10-19.
- ↑ "Top Steam Curators". Steam Store (en inglés). Consultado o 2015-01-27.
- ↑ "Golden Joystick Award Winners 2012" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2013. Consultado o 13 de novembro 2012.
- ↑ "The Game Awards Nominees 2014" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2015. Consultado o 6 de decembro de 2014.