Torpedo Nizhny Novgorod
O Torpedo Nizhny Novgorod (en ruso Торпедо Нижний Новгород) é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Nizhny Novgorod, Óblast de Nizhny Novgorod (Rusia). Actualmente forma parte da División Kharlamov da Kontinental Hockey League (KHL).
Torpedo Nizhny Novgorod Торпедо Нижний Новгород | |
---|---|
Fundación | 1947 |
Cidade | Nizhny Novgorod, Óblast de Nizhny Novgorod Rusia |
Estadio | Pazo dos Deportes Nagorny (16.940 espectadores) |
Liga | Kontinental Hockey League |
Conferencia | Oeste |
División | Kharlamov |
Campionatos | 0 |
Adestrador | Vladimir Golubovich |
Afiliado(s) | HK Sarov (Vysshaya Liga) Tchaïka (MHL) |
Cores | Azul, vermello e branco |
Na rede | |
http://www.hctorpedo.ru/ | |
O equipo xogaba os seus partidos no Pazo dos Deportes Konovalenko, chamado Viktor Konovalenko en honor a un dos máis famosos porteiros soviéticos que xogou no Torpedo. Actualmente xoga os seus partidos como local no Pazo dos Deportes Nagorny, que ten capacidade para 5,500 espectadores.
Historia
editarO club foi fundado en 1947 co nome de Torpedo Gorki[1]. En 1991 foi renomeado como Torpedo Nizhny Novgorod (a súa actual denominación). No 2008 pasou a formar parte da nova competición eurasiática, a KHL, sendo un dos 24 equipos fundadores da nova competición.
Palmarés
editar- 3 Vyschaïa Hokkeïnaïa Liga: 1999, 2003 e 2007.
Participacións na KHL
editarTempada | PX | V | VP | VPn | D | DP | DPn | GF | GC | Pts | Clasificación | Play-offs |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2008-09 | 56 | 24 | 2 | 2 | 1 | 3 | 24 | 162 | 162 | 84 | 11º/24 | Metallurg Magnitogorsk 3-0 (oitavos) |
2009-10 | 56 | 22 | 1 | 1 | 1 | 4 | 27 | 154 | 163 | 75 | 15º/24 | Non se clasificou |
PX: Partidos xogados |
DP: Derrotas na prórroga |
Notas
editar- ↑ Ficha do club Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine., hockeyareanas.net
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey sobre xeo |