Toni Cuervo

futbolista e adestrador asturiano

Antonio Cuervo Fernández nado en Pumarín (Oviedo) o 10 de maio de 1932 e finado o 14 de outubro de 2017,[1] foi un futbolista e adestrador de fútbol asturiano, máis coñecido como Toni Cuervo. Xogaba na demarcación de defensa.

Modelo:BiografíaToni Cuervo
Biografía
Nacemento(es) Antonio Cuervo Fernández Editar o valor en Wikidata
10 de maio de 1932 Editar o valor en Wikidata
Pumarín, España Editar o valor en Wikidata
Morte14 de outubro de 2017 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Outros nomesToni Cuervo Editar o valor en Wikidata
Altura172 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1952 Editar o valor en Wikidata - 1967 Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Atlético de Madrid

Traxectoria

editar

A Guerra Civil Española fixo que tivese que a súa familia escapase a Francia e volvendo máis tarde a casa da familia coa súa avoa, xa que o pai estaba no cárcere. Cando este saíu do cárcere púxose a traballar con el de mecánico. Aos 15 anos fichou pola Unión Deportiva Ovetense e aos 17 polo Vetusta e finalmente polo Real Oviedo en 1950. Foi titular na defensa do club ovetense durante dezasete anos.

Sempre estivo vinculado ao fútbol asturiano, primeiro como xogador e despois como adestrador nos anos sesenta e setenta, salvo breves experiencias dirixindo equipos, como o Celta de Vigo, polo que fichou en 1977 co obxectivo de ascender a Primeira División. Porén, non acabou a tempada, xa que deixou o club na décima xornada por problemas co vestiario. Nun primeiro momento foi substituído polo segundo adestrador, Pepe Villar, para que finalmente se fixese cargo do equipo José María Maguregui.

  1. Iván Álvarez (14 de outubro de 2017). "Fallece a los 85 años el exdefensa oviedista Toni Cuervo". El Comercio (en castelán). 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar