Tonanitla
Tonanitla é un concello ao norte do Estado de México, en México. A súa área é de 8,47 km²,[1] e a súa poboación era de 10.216 habitantes no ano 2010.[2] A cabeceira municipal é Santa María Tonanitla.[1]
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | México | ||||
Estado federado | Estado de México ![]() | ||||
Capital | Santa María Tonanitla (en) ![]() ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Altitude | 2.243 m ![]() | ||||
Topónimo
editarTonanitla identifícase co nome na lingua náhuatl de Tonanitlan (cfr. náhuatl actual To (nosa), nantli (nai), e o sufixo de lugar -itlan). O seu actual nome provén do náhuatl, que significa "lugar de nosa nai".[3]
Política e goberno
editarO concello está formado por unha xunta. A elección é por representación democrática que encabezan os partidos políticos para un período de tres anos de goberno.
Alcaldes
editarAlcalde | Período[1] |
---|---|
Daniel Mauricio Martínez | 2003-2006 |
Jerónimo Martínez López | 2006-2009 |
José Trinidad Martínez Melchor | 2009-2012 |
Miguel Martínez Ortiz | 2012-2015 |
Gregorio Morales Gutiérrez | 2015-2018 |
Demografía
editarTonanitla é o concello máis novo do estado, creado en 2003 polo goberno estatal. O xentilicio é tonanitlense.
Ten unha poboación chamada Santa María Tonanitla ou Tonanitla, cabeceira municipal do concello.
Galería de imaxes
editar-
Praza central.
-
Igrexa de Santa María.
-
Casa antiga.
-
Pazo municipal.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Monografía municipal de Tonanitla Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. (en castelán)
- ↑ Concello de Tonanitla Arquivado 30 de novembro de 2016 en Wayback Machine., SEDESOL, 30 de novembro de 2016.
- ↑ Toponimia de Tonanitla na páxina do concello. (en castelán)