Tomé de Villanueva
Tomé de Villanueva, nado en Fuenllana (actual Cidade Real), en 1488 e finado en Valencia o 9 de setembro de 1555, foi un relixioso católico español.
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (es) Tomás de Villanueva ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (es) Tomás García Martínez ![]() c. 1488 ![]() Fuenllana, España ![]() |
Morte | 8 de setembro de 1555 ![]() Valencia, España ![]() |
![]() | |
7 de decembro de 1544 (Gregoriano) – 8 de setembro de 1555 ← Xurxo de Austria – Francisco de Navarra y Hualde (pt) ![]() Diocese: arquidiocese de Valencia ![]() | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica ![]() |
Educación | Universidade de Alcalá (histórica) (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Teoloxía e catolicismo ![]() |
Ocupación | sacerdote católico (1518–), teólogo, filósofo, frade ![]() |
Alumnos | Domingo de Soto ![]() |
Orde relixiosa | Orde de Santo Agostiño ![]() |
Consagración | Juan Pardo de Tavera ![]() |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 10 de outubro ![]() |
![]() ![]() ![]() |
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/d/dc/Tom%C3%A1s_de_Villanueva.jpg/220px-Tom%C3%A1s_de_Villanueva.jpg)
Traxectoria
editarDa súa mocidade cóntanse excentricidades como quedar en varias ocasións espido por terlle entregado todo aos pobres. Fixo estudos de Artes e Teoloxía na Universidade de Alcalá de Henares e ingresou na orde dos agostiños en 1516. En 1518 foi ordenado sacerdote. Dedicou a súa vida á atención, coidado e promoción dos marxinados, doentes e orfos. Carlos V ofreceulle o arcebispado de Granada que el rexeitou. Por obediencia ao superior da súa congregación aceptou o arcebispado de Valencia, dende onde organizou un plan de asistencia e auxilio social. Faleceu dunha anxina de peito aos sesenta e seis anos.
Inimigo da festa dos touros
editarPredicou contra a festa dos touros que consideraba un espectáculo duro e cruelísimo, e denunciaba en nome de Xesucristo aos que consentían ou non prohibían as corridas. Consideraba a estas un pecado mortal e calificaba de homicidas aos que apoiaban expresa ou tacitamente a festa
Significación
editarFoi canonizado por Alexandre VII en 1658. É patrón da Universidade de Cidade Real, da Universidade Villanova en Pensilvania. No calendario do catolicismo a súa festa celébrase o 10 de outubro. Francisco de Quevedo escribiu unha biografía súa: Epítome a la historia de la vida ejemplar y gloriosa muerte del bienaventurado frai Tomás de Villanueva
Obras
editar- De la lección, meditación, oración y contemplación
- Comentario al Cantar de los Cantares
- Sermón del Amor de Dios