Tomás María Mosquera García
político galego
Tomás María Mosquera García, nado en Castrelo (San Cristovo de Cea) o 10 de novembro de 1823 e finado en Madrid o 30 de abril de 1890, foi un avogado e político galego.
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (es) Tomás Mosquera ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 10 de novembro de 1823 ![]() San Cristovo de Cea, España ![]() |
Morte | 30 de abril de 1890 ![]() Madrid, España ![]() |
![]() | |
![]() | |
![]() | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid ![]() |
Ocupación | político ![]() |
Partido político | Partido Demócrata-Radical ![]() |
![]() ![]() |
Traxectoria
editarAfiliado ao Partido Liberal, despois da Revolución de 1868 foi deputado por Ourense nas Cortes (1869 e 1871). Ministro de Ultramar entre decembro de 1872 e febreiro de 1873 ocupou, en 1874, a carteira de Fomento. Logo da restauración borbónica en España, foi senador pola provincia de Ourense (1881) e foi nomeado Senador vitalicio en 1883 e Vicepresidente do Senado.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Montes Marqués, Carlos (2023). Alarifes do Carballiño. O Carballiño: Centro de Estudios Chamoso Lamas.