Tirso Rodrigáñez y Sagasta
Tirso Timoteo Rodrigáñez y Mateo Sagasta, nado en Logroño o 24 de xaneiro de 1853 e finado en Madrid o 2 de agosto de 1935, foi un avogado, xornalista e político español. Durante a rexencia de María Cristina de Habsburgo-Lorena, e durante o reinado de Afonso XIII, foi ministro de Facenda.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de xaneiro de 1853 Logroño, España |
Morte | 2 de agosto de 1935 (82 anos) Madrid, España |
Ministro | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
Senador do Reino | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade Central |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político, avogado, xornalista |
Partido político | Partido Liberal Fusionista |
Descrito pola fonte | Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Rodrigáñez y Sagasta (Tirso), p.384) |
Traxectoria
editarEra sobriño do presidente do Goberno e fundador do Partido Liberal, Práxedes Mateo Sagasta. Despois de estudar Dereito na Universidade Central de Madrid, comezou a súa carreira profesional como avogado ao mesmo tempo que desenvolveu a súa actividade profesional no xornal liberal La Iberia, do que foi director entre 1876 e 1883. En 1883, casou con María Sánchez-Guerra Martínez, filla de José Sánchez Guerra Martínez.[1]
Nas eleccións xerais de 1881, foi elixido deputado no Congreso por Logroño, polo partido Liberal.[2] Ao non conseguir revalida-la acta de deputado nas vindeiras eleccións, presentouse polo distrito de Arnedo ao que representou nas eleccións entre 1886 e 1903. Finalmente,1905, foi elixido senador vitalicio[3] até 1923, cando se produciu o golpe de estado de Primo de Rivera.
Cargos políticos
editarFoi presidente interino do Congreso dos Deputados entre o 28 de xuño e o 2 de xullo de 1901. Foi ministro de Facenda entre o 19 de marzo e o 15 de novembro de 1902 nos gobernos presididos por Sagasta que pechaban a fase da rexencia de María Cristina e comezaban a do reinado de Afonso XIII. Máis tarde, volveu ocupar esa carteira, entre o 3 de abril de 1911 e o 12 de marzo de 1912, no goberno presidido por José Canalejas y Méndez.[4]
Tamén foi subsecretario do Ultramar e Gobernación e foi gobernador do Banco de España en tres ocasións (entre 1910 e 1911, entre 1917 e 1919, e, finalmente, en 1923).
Notas
editar- ↑ Sampedro Escolar, José Luis (2005-2006). "Genealogía de don Práxedes Mateo-Sagasta y Escolar". Anales De La Real Academia Matritense De Heráldica y Genealogía (Madrid: Real Academia Matritense De Heráldica y Genealogía). IX (2005-2006): 229–277. ISSN 1133-1240.
- ↑ Ficha no Congreso dos Deputados
- ↑ Expediente personal del Senador vitalicio D. Tirso Rodrígañez y Sagasta
- ↑ Rull (1991), p. 168
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tirso Rodrigáñez y Sagasta |
Bibliografía
editar- Rull Sabater, Alberto (1991). Diccionario sucinto de Ministros de Hacienda (s. XIX-XX). Col. Documentos de trabajo del Instituto de Estudios Fiscales. Madrid: Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas-Secretaría General Técnica. ISBN 978-8471969675.