Ticiana Ghiglione Darriba

artista arxentina


Ticiana Luz Ghiglione Darriba, "Cha", nada en Buenos Aires o 22 de abril de 1982,[1] é unha artista multidisciplinar galega.

Modelo:BiografíaTiciana Ghiglione Darriba

Ticiana Ghiglione en 2024 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento22 de abril de 1982 Editar o valor en Wikidata (42 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Vigo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónartista Editar o valor en Wikidata

Facebook: ticiana.ghiglionedarriba LinkedIn: ticiana-ghiglione-darriba-0626b42b BNE: XX5863202 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Filla de Luz Darriba e Luis Alberto Ghiglione Carnio. En 1992 chegou coa súa familia a Lugo, e posteriormente estudou Belas Artes na Universidade de Vigo, na facultade de Belas Artes de Pontevedra. Realizou o CAP e un mestrado en animación e ilustración. Posteriormente, ten dado clases e obradoiros en diversos lugares, expoñendo en diversos foros e asemade colaborando con diversas publicacións. Tras vivir tamén en Ourense, en 2024 reside en Ribadeo.

Realizou a obra Homenaje a la sorpresa del trigo, en relación á obra de Maruja Mallo e exposta no Museo Provincial de Lugo.

Exposicións

editar
  • 2000: Exposición “Viento Norte” na “Casa da Xuventude”, Santiago de Compostela
  • 2001: Exposición “Superarte” na Galería de Arte Nova Rúa (Lugo)
  • 2002: Exposición no Museo das Ciencias de Madrid
  • 2007: Sala de exposicións do Hotel Araguaney (Santiago de Compostela)
  • 2007: “Tras as pegadas de Delos” na Asociación Cultural de Hipercor (Santiago de Compostela)
  • 2008: Colectiva no Primeiro Congreso Latinoamericano sobre Trata e Tráfico de Persoas, Facultade de Ciencias da Comunicación, Universidade de Bos Aires (Arxentina)
  • 2009: Animacións e creación de personaxes, Xornadas Pedagóxicas, Museo Provincial (Lugo)
  • 2009: Colectiva “París-Monte Pego”, organizada pola galería Fivars (Alacante)
  • 2020: Biblioteca Municipal de Arzúa[2]

Performances

editar
  • 2002: Performance “Tecedoiras de Soños” dentro do proxecto Sherezade, Museo Provincial (Lugo)
  • 2004: Accésit no Certame de Pintura ó aire libre da cidade de Lugo
  • 2008: “Libro Vivo”, Museo Pedagóxico de Galicia (Santiago de Compostela)

Actividades de coordinación

editar
  • 2010: ÁgoraLibros (Pontevedra)
  • 2019: Culturas en diálogo 2018/2019[3]
  • 2021: Nadie puede contener la marcha de mis pensamientos[4]

Publicacións

editar

Libros

editar

Creadora da personaxe de viñetas DinaMita,[5] publica en 2018 Dinamitadas. El despertar de la ironía ISBN 9788469790236[6]

En 2024 aparece con dez historias de humor negro Non apartes a mirada do espello / No apartes la mirada del espejo ISBN 9788409584383[7]

Outros

editar

No 2003 participa cunha ilustración no libro “Cento Sete Marés”, con cento sete artistas de todo o mundo pola catástrofe do afundimento do Prestige, abrindo unha serie de colaboracións gráficas en libros (como en 'Toda la gente errante') e revistas e outros medios. Así, no 2008 publica diversos artigos na revista virtual “Foeminas”, da casa da Muller do Concello de Lugo, viñetas en Pontevedra Viva, Nós Diario [8], Galiza Nova,[9] etc.

Asemade, a súa é referida e estudada en diversos lugares, como na tese de doutouramento de Ánxela Caramés.[10]

Recoñecementos

editar
  • 1997: 1º Premio, Certame de Pintura organizado polo Museo Provincial de Lugo
  • 1999: 2º premio no Certame de Pintura para menores de 30 anos organizado pola Xunta de Galicia (A Coruña)
  • 2000: 1º Premio de Pintura para mozos no II Certame dos Premios Nelson Zumel
  • 2006: 2º premio no IV Certame de Pintura Lucus Augusti
  1. "Ticiana Ghiglione Darriba". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2024-03-11. 
  2. deborahromeroruoss (2021-07-19). "Conversas de bibliotecarix a bibliotecarix: Ramón Torreiro González, Biblioteca Municipal de Arzúa". BAMAD GALICIA. Consultado o 2024-03-11. 
  3. http://www.museolugo.org/archivos/docs/3119_Programa%20Musapalabra%20%28castellano%29.pdf
  4. "Nadie puede contener la marcha de mis pensamientos. Curadora: Ticiana Ghiglione Darriba". Museo de las Mujeres Costa Rica (en castelán). Consultado o 2024-03-11. 
  5. "Dina Mita, de Ticiana Ghiglione Darriba (Cha)". Pontevedra Viva. Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2024. Consultado o 2024-03-11. 
  6. "Presentación do libro 'Dinamitadas, el despertar de la ironía' - Universidade de Vigo". www.uvigo.gal. Consultado o 2024-03-11. 
  7. "Ticiana Ghiglione Darriba presenta en Pontevedra 'Non apartes a mirada do espello', dez historias de humor negro". Pontevedra Viva. 2024-03-06. Consultado o 2024-03-11. 
  8. Diario, Nós (2018-05-03). "O irónico retorno de Dina Mita". Nós Diario. Consultado o 2024-03-11. 
  9. "Galizanova.org" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2024. Consultado o 2024-03-11. 
  10. CARAMÉS SALES, ANXELA. "Las prácticas curatoriales feministas en el Estado Español (1993-2013). La gestión cultural como productora del discurso de las identidades de género". Universitat Politecnica de Valencia. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar