Theodor Benfey
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2017.) |
Theodor Benfey, nado o 28 de xaneiro de 1809 e finado o 26 de xuño de 1881, foi un filólogo alemán.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de xaneiro de 1809 ![]() Nörten-Hardenberg, Alemaña (pt) ![]() ![]() |
Morte | 26 de xuño de 1881 ![]() Gotinga, Alemaña ![]() |
Educación | Universidade de Gotinga ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Indologia (pt) ![]() ![]() |
Ocupación | filólogo, profesor universitario, tradutor ![]() |
Empregador | Universidade de Gotinga ![]() |
Membro de | |
Alumnos | Josef Budenz (pt) ![]() ![]() |
Familia | |
Irmáns | Rudolf Benfey ![]() |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Бенфей Теодор) Enciclopedia Xudía de Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarNaceu nunha familia de comerciantes xudeus en Nötrn, nas proximidades de Gotinga, seu pai instruiuno na lingua hebrea, estudou filoloxía clásica na Universidade de Gotinga e pasou un ano en Múnic, onde quedou impresionado coas leccións de Schelling e Thiersch, e despois estableceuse como profesor en Frankfurt. En Gotinga, onde volvera para dar clases, escribiu un pequeno ensaio e publicou de 1839 ata 1842 o Griechisches Wurzellexikon. A partir da década dos corenta a súa atención centrouse no sánscrito, en 1848 publicou unha edición do Samaveda, Die Hymnen des Sâma Veda. En 1852-1852 publicou o Handbuch der Sanskritsprache, un completo manual do sánscrito, que incluía unha gramática, e en 1858 publicou unha gramática práctica desa lingua. En 1859 deu ó prelo unha edición do Panchatantra, Pantschatantra. Fünf Bücher indischer Fabeln, Märchen und Erzählungen. En 1866 publicou o seu monumental Sanskrit-English Dictionary.