Thelma e Louise
Filme de 1991 dirixido por Ridley Scott
(Redirección desde «Thelma & Louise»)
Thelma e Louise (en inglés: Thelma & Louise) é un filme estadounidense dirixido por Ridley Scott que se estreou en 1991.
Thelma e Louise | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Thelma & Louise |
Director | Ridley Scott |
Produtor | Mimi Polk Gitlin Ridley Scott |
Guión | Callie Khouri |
Intérpretes | Susan Sarandon Geena Davis Harvey Keitel Brad Pitt Michael Madsen Christopher McDonald |
Música | Hans Zimmer |
Fotografía | Adrian Biddle |
Montaxe | Thom Noble |
Estudio | Pathé Entertainment Metro-Goldwyn-Mayer |
Distribuidora | Metro-Goldwyn-Mayer Sony Pictures Entertainment |
Estrea | ![]() ![]() |
Duración | 129 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Drama, Road Movie |
Orzamento | $16 500 000[1] |
Recadación | $45 360 915 (Norte América)[2] |
Na rede | |
http://www.mgm.com/#/our-titles/1982/Thelma-&-Louise | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Sinopse
editarThelma Dickinson, unha ama de casa de vida baleira e anódina, está casada cun cretino detestable que a trata como a unha criada. Pola súa parte, Louise Sawyer traballa como camareira nunha cafetería e soña con que o seu mozo Jimmy, que é músico, case con ela. Unha fin de semana deciden facer unha viaxe xuntas no coche de Louise para afastarse da mortal rutina das súas vidas e de todas as súas frustracións. Porén, a súa escapada, que prometía ser divertida e, sobre todo, liberadora, acaba sendo unha experiencia chea de episodios dramáticos.
Personaxes
editar- Susan Sarandon como Louise Elizabeth Sawyer
- Geena Davis como Thelma Yvonne Dickinson
- Harvey Keitel como Detective Hal Slocumb
- Michael Madsen como Jimmy Lennox
- Christopher McDonald como Darryl Dickinson
- Stephen Tobolowsky como Max
- Brad Pitt como J.D.
- Timothy Carhart como Harlan Puckett
- Jason Beghe como State Trooper
- Marco St. John como Truck Driver
Galardóns e nomeamentos
editar- 1991: Oscar: Mellor guión orixinal. 6 nomeamentos.
- 1991: Globo de Ouro: Mellor guión orixinal. 4 nomeamentos.
- 1991: BAFTA: 8 nomeamentos, incluíndo filme, director, fotografía e bso.
- 1991: Seminci: Espiga de Ouro: Mellor filme.
- 1991: Nomeada ó Cesar: Mellor filme estranxeiro
- 1991: David de Donatello: Mellor filme estranxeiro
- 1991: 2 premios National Board of Review: Mellores actrices (Susan Sarandon e Geena Davis)
Notas
editar- ↑ BoxOfficeMojo.com
- ↑ "Thelma and Louise (1991)". Box Office Mojo. 6 de agosto de 1991. Consultado o 15 de xuño de 2012.
- ↑ La Voz de Galicia, 30 de novembro de 1994. Páx. 71
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)