The Times of Harvey Milk
filme de 1984 dirixido por Rob Epstein
The Times of Harvey Milk é un documental do ano 1984 dirixido por Rob Epstein. O guión está escrito por Judith Coburn e Carter Wilson. Recibiu o óscar ó mellor documental en 1985.
The Times of Harvey Milk | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Times of Harvey Milk |
Director | Rob Epstein |
Produtor | Richard Schmiechen Gregory W. Bex |
Guión | Judith Coburn Carter Wilson |
Intérpretes | Harvey Fierstein (narrador) Harvey Milk Dan White George Moscone Tom Ammiano Jim Elliot Henry Der Jeannine Yeomans Dianne Feinstein Tory Hartmann Anne Kronenberg Henry Der Bill Kraus |
Música | Mark Isham |
Estrea | 1984 |
Duración | 90 min. |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Documental |
Na rede | |
Trama
editarO documental presenta a carreira política de Harvey Milk, que foi o primeiro concelleiro de distrito abertamente gai de San Francisco, California. O documental céntrase principalmente na cala da súa vida que vai dende que chega a San Francisco e a súa elección como concelleiro do "Distrito 5", no cal se encontra The Castro, senlleiro barrio gai da cidade, até o seu asasinato no propio Concello do que corporaba.
Galardóns
editar- Premio do Círculo de Críticos de Cine de Nova York (1984)
- Óscar da Academia ao mellor documental (1985)
- Premio especial do xurado do Festival de Cine de Sundance ao mellor documental(1985)
- Premio ao mellor documental da Sociedade de Críticos de Cine de Boston (1985)
- Premio ao mellor documental do Festival de Cine LGBT de San Francisco (1985)
- Premio ao mellor documental da Asociación Internacional de Documentais (1985)
- Premio ao mellor documental dos Premios Peabody (1986)