A máscara do Zorro
A máscara do Zorro (en inglés: The Mask of Zorro) é un filme estadounidense dirixido por Martin Campbell e producido por Steven Spielberg que se estreou en 1998. Estreouse en galego na TVG o 22 de decembro de 2010.[2]
A máscara do Zorro | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Mask of Zorro |
Director | Martin Campbell |
Produtor | Steven Spielberg Doug Claybourne Lucas Foster |
Guión | John Eskow Ted Elliott Terry Rossio |
Baseado en | Personaxes de Johnston McCulley |
Intérpretes | Antonio Banderas Anthony Hopkins Catherine Zeta-Jones Stuart Wilson |
Música | James Horner |
Fotografía | Phil Meheux |
Montaxe | Thom Noble |
Estudio | TriStar Pictures Amblin Entertainment Zorro Productions, Inc. David Foster Productions |
Distribuidora | Sony Pictures Entertainment |
Estrea | ![]() ![]() |
Duración | 136 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Aventuras, Romance |
Orzamento | $95 000 000[1] |
Recadación | $250 288 523 |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Sinopse
editarMéxico, 1821. Un enmascarado e aclamado heroe popular, coñecido como o Zorro, loita con éxito contra a opresión colonial española na Alta California, representada polo tiránico gobernador don Rafael Montero. Porén, a véspera da liberación de México, Montero descobre que a identidade secreta do Zorro é a de don Diego de la Vega. Un inesperado ataque contra a casa do rebelde, saldarase coa súa captura, a morte da súa muller, o secuestro de Elena, a súa única filla, e a destrución das súas propiedades. Vinte anos despois, Montero regresa do exilio con Elena, que ignora a identidade do seu pai auténtico, e proponse mercar California ó Presidente de México, o Xeneral Santa Anna. Cando don Diego de la Vega se decata, foxe da prisión disposto a vingarse de Montero. Parte do plan consiste en adestrar e transformar a Alejandro Murrieta, un bandoleiro cun treboento pasado, no novo Zorro, para que lle axude a frustrar os plans de Montero dunha vez para sempre. Murrieta farase pasar por un rico terratenente español disposto a gañar a confianza de Montero.
Personaxes
editar- Antonio Banderas como Alejandro Murrieta / Zorro
- Anthony Hopkins como Don Diego De La Vega / Zorro
- Catherine Zeta-Jones como Elena (De La Vega) Montero
- Stuart Wilson como Don Rafael Montero
- Matt Letscher como Capitán Harry Love
- Tony Amendola como Don Luiz
- Pedro Armendáriz, Jr. como Don Pedro
- L.Q. Jones como Three-fingered Jack
- Julieta Rosen como Esperanza De La Vega
Galardóns e nomeamentos
editarNotas
editar- ↑ BoxOfficeMojo.com
- ↑ "A máscara do Zorro na TVG". DiarioSiglo XXI. 22 de decembro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2013. Consultado o 4 de marzo de 2013.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Ficha en Metacritic (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)