The Broken Circle Breakdown
The Broken Circle Breakdown (tamén coñecido como Alabama Monroe) é un filme belga de 2012 dirixido por Felix Van Groeningen. Baséase na obra de Johan Heldenbergh e Mieke Dobbels e foi adaptado para o cinema por Carl Joos e Felix van Groeningen. Conseguiu a aclamación da crítica e foi escollido como candidato de Bélxica para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 86ª edición dos premios,[1] sendo finalmente nomeado.[2] O filme foi o gañador do Premio César ó mellor filme en lingua non inglesa, 39ª edición dos premios César.[3] Foi o gañador do premio Lux de 2013.[4]
The Broken Circle Breakdown | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Broken Circle Breakdown |
Director | Felix Van Groeningen |
Produtor | Dirk Impens Frans van Gestel Laurette Schillings Arnold Heslenfeld |
Guión | Carl Joos Felix van Groeningen |
Intérpretes | Johan Heldenbergh Veerle Baetens |
Música | Bjorn Eriksson |
Fotografía | Ruben Impens |
Montaxe | Nico Leunen |
Estudio | Menuet Topkapi Films |
Distribuidora | Kinepolis Film Distribution |
Estrea | 10 de outubro de 2012 |
Duración | 111 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Drama |
Recadación | 5,5 millóns de dólares |
Na rede | |
http://www.thebrokencirclebreakdown.be/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Sinopse
editarAmbientado en Gante, o filme narra as vidas de Didier e Elise durante sete anos dende que se namoran grazas á súa paixón pola música bluegrass. Teñen unha filla, Maybelle, que desenvolve un cancro despois do seu sexto aniversario e sucumbe un ano despois. A morte de Maybelle ten un efecto devastador na súa relación e nas súas vidas.
Personaxes
editar- Johan Heldenbergh como Didier Bontinck / Monroe
- Veerle Baetens como Elise Vandevelde / Alabama
- Nell Cattrysse como Maybelle
- Geert Van Rampelberg como William
- Nils De Caster como Jock
- Robbie Cleiren como Jimmy
- Bert Huysentruyt como Jef
- Jan Bijvoet como Koen
- Blanka Heirman como Denise
Notas
editar- ↑ The Hollywood Reporter (ed.). "Oscars: Belgium Nominates 'The Broken Circle Breakdown' for Foreign Language Category". Consultado o 24 de setembro de 2013.
- ↑ BBC News (ed.). "Oscars: Main nominations 2014". Consultado o 16 de xaneiro de 2014.
- ↑ Hollywood Reporter (ed.). "France's Cesar Awards: 'Me, Myself and Mum' Wins Best Film". Consultado o 1 de marzo de 2014.
- ↑ European Parliament (ed.). "LUX Prize 2013". Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2020. Consultado o 30 de xuño de 2015.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Filmes de Bélxica propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 86ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
editar- The Broken Circle Breakdown na IMDb (en inglés).
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en AllMovie (en inglés)