Thérèse Clerc
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde xaneiro de 2018) |
Thérèse Clerc, nada en París o 9 de decembro de 1927 e finada en Montreuil (Sena-San Denis) o 16 de febreiro de 2016, foi unha militante feminista francesa, coñecida polo seu proxecto de vivenda autoxestionada para mulleres de idade, a "Maison des Babayagas".
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Thérèse Simone Marguerite Clerc ![]() 9 de decembro de 1927 ![]() 18º distrito de París, Francia ![]() |
Morte | 16 de febreiro de 2016 ![]() Montreuil, Francia ![]() |
Causa da morte | cancro ![]() |
Lugar de sepultura | Cemiterio do Père-Lachaise ![]() |
Residencia | Montreuil (1974–) ![]() |
Actividade | |
Ocupación | activista polos dereitos das mulleres ![]() |
Membro de | |
Movemento | Feminismo ![]() |
Obra | |
Arquivos en | |
Premios | |
| |
![]() ![]() |
Traxectoria
editarDa pequena burguesía de París, Thérèse Clerc pasou a súa infancia en Bagnolet [1]. O seu pai traballou nunha empresa de apostas hípicas.
Aprendeu o oficio de modista, e en 1947, aos 20 anos e medio, casou cun pequeno contratista en limpeza industrial, converténdose nunha ama de casa, nai de catro fillos. Católica, vendeu o semanario Témoignage chrétien e reuniuse cos curas obreiros que volvían de facer o servizo militar en Alxeria:[2]
Coñecín a Marx na igrexa da rue de Charonne
Con todo, a posición da Igrexa con respecto ás mulleres, afastouna dela, aínda que ao final da súa vida non se consideraba atea, senón máis ben agnóstica, quizais mesmo crente:
(Deus é) unha pregunta porque non é demostrábel, Deus só é críbel na dúbida, divírteme
Traballou como vendedora nunha tenda e, despois de se ter manifestado contra as guerras en Indochina e Alxeria, fixo campaña do "Movemento pola liberdade do aborto e a contracepción" (MLAC) durante o Maio do 68. En 1969, divorciouse e en 1974 comprou un pequeno apartamento en Montreuil. Alcumada "Teresa de Montreuil",[3] practicou abortos clandestinos na mesa da súa sala de estar ata a promulgación, en xaneiro de 1975, da Lei Veil, que despenalizou o aborto en Francia. Militou tamén no Movemento pola paz e no Partido Socialista Unificado (PSU).[4]
En 1990, asinou o Recurso do 75 contra a guerra do Golfo.
Activista en Montreuil
editarThérèse Clerc fundou no ano 2000, en Montreuil, a "Maison des femmes" (Casa das mulleres),[2][5] que abría as súas portas ás mulleres vítimas de violencia e aquelas en vías de reinserción ou reintegración. Ao mesmo tempo, cando tivo que coidar da súa nai encamada, decidiu crear un lugar autoxestionado para "envellecer en comunidade como cidadáns independentes, libres e útiles": o proxecto, iniciado en 1999, por pouco fracasa en 2007, ata que logo dun improbábel encontro coa ministra de Vivenda Christine Boutin (da dereita católica), esta desbloquea os fondos necesarios. Isto levou á creación do proxecto da "Maison des Babayagas", nomeado así pola bruxa rusa Baba Iagá.[6] Porén, no último minuto, o consello xeral do Sena-San Denis cancelou a súa participación, alegando que o proxecto, reservado para as mulleres, sería "discriminatorio". Foi relanzado en 2009 polo concello de Montreuil, e a oficina de Vivenda da cidade chegando finalmente a abrirse a finais de 2012.[7] Houbo que esperar, con todo, a 2015, para construír un lugar específico, na Rue de la Convention, Les vies de Thérèse, para o sitio.[8]
Tamén creou a "Universidade dos saberes sobre a vellez" (Université des Savoirs sur la Vieillesse, UNISAVIE.).[9]
Thérèse Clerc apareceu no filme documental de Sebastien Lifshitz, Les Invisibles, lanzado en 2012. Destacou a intolerancia da sociedade francesa contra os homosexuais durante a década de 1960, momento en que foi considerado como un "flaxelo social". Ao final da súa vida, falou abertamente da súa homosexualidade, mantendo relacións ata a vellez. Sébastien Lifshitz rodou unha película sobre as últimas semanas de vida de Thérèse Les vies de Thérèse, segundo os seus desexos, nunha desacralización do tabú do corpo moribundo[10].
Thérèse Clerc morreu vítima dun cancro na súa casa en Montreuil, o 16 de febreiro de 2016 rodeada polos seus fillos. Foi enterrada no cemiterio do Père-Lachaise. A súa familia organizou un funeral discreto na intimidade da familia.[11][12]
Recoñecementos
editarFoi condecorada no palais Bourbon pola historiadora do feminismo Michelle Perrot e en presenza de Simone Veil como Cabaleira da Lexión de honra en 2008 (rexeitara esta distinción no inicio dos anos 2000)[13].
A biblioteca Marguerite-Durand do 13º arrondissement de París mantén un arquivo dedicado a Thérèse Clerc.[14][15]
Notas
editar- ↑ Jacky Durand, « Flamme forte », en Libération, 11 de xuño de 2008
- ↑ 2,0 2,1 Isabelle Rey-Lefebvre, Mort de la militante féministe Thérèse Clerc, en Le Monde, éd. papier 18 février 2016, éd. Internet 16 février.
- ↑ Marjorie Corcier, « Les deux vies de Thérèse », en Le Parisien, 8 de decembro de 2007.
- ↑ "Décès de Thérèse Clerc, militante féministe et fondatrice de la Maison des Babayagas". Libération.fr (en francés). 16 de febreiro de 2016. Consultado o 1 de agosto de 2019.
- ↑ O 15 de xaneiro de 2016 a Casa das Mulleres foi bautizada como a Casa das Mulleres Thérèse Clerc (Maison des Femmes Thérèse Clerc).
- ↑ "Les Babayagas, la silver solidarité au quotidien". Libération.fr (en francés). 2 de febreiro de 2014. Consultado o 15 de febreiro de 2014.
- ↑ Clerc, Thérèse. "La maison des Babayagas - Génération Solidarité". Arte Journal (en francés). Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2016. Consultado o 15 de febreiro de 2019.
- ↑ Le projet architectural Arquivado 02 de decembro de 2017 en Wayback Machine. sur le site La Maison des Babayagas, 9 de agosto de 2015.
- ↑ "La militante féministe Thérèse Clerc est morte à 88 ans". Le Huffington Post (en francés). 16 de febreiro de 2012. Consultado o 15 de febreiro de 2019.
- ↑ Les Vies de Thérèse (2016). www.unifrance.org (en francés). Consultado o 15 de febreiro de 2019.
- ↑ Sotinel, Thomas (18 de maio de 2018). "« Les Vies de Thérèse » : un portrait plein de vie d’une mourante" (en francés). Consultado o 15 de febreiro de 2019.
- ↑ "Thérèse Clerc, les derniers jours" [Thérèse Clerc, os [seus] derradeiros días.]. Là-bas si j'y suis (en francés). Consultado o 27 de febreiro de 2019.
- ↑ « Thérèse Clerc reçoit la Légion d’honneur », en Le Parisien, 11 de xuño de 2008.
- ↑ "Fonds et sous-fonds : Fonds Thérèse Clerc". Catalogue Collectif de France (en francés). Consultado o 15 de febreiro de 2019.
- ↑ "Bibliothèques : Bibliothèque Marguerite Durand. Paris". Catalogue Collectif de France (en francés). Consultado o 15 de febreiro de 2019.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Michel-Chich, Danielle (2007). Thérèse Clerc, Antigone aux cheveux blancs (en francés). Paris: Des femmes. ISBN 9782721005724. OCLC 184911343.
- Durand, Jacky (11 de xuño de 2008). "Flamme forte". Libération.fr (en francés). Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2019. Consultado o 15 de febreiro de 2019.
- Bagieu, Pénélope (2017). "Thérèse Clerc, utopiste réaliste". Culottées : des femmes qui ne font que ce qu'elles veulent. 2. ISBN 9782075079846. OCLC 971892840.
- "Thérèse Clerc, utopiste réaliste". Les Culottées (en francés). Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2019. Consultado o 15 de febreiro de 2019.
Audiovisuais
editar- Chouteau,Julie (2012). Institut Français de Presse, ed. Thérèse Clerc, le troisième âge du féminisme. vimeo (en francés).
- Jean-Marc La Rocca, « Nous vieillirons ensemble, la saga des Babayagas », 52 min., Agat Films / Ex Nihilo – 2013.(en francés)
- Ilona Kalmbach, Sabine Jainski, « Le meilleur est à venir. Parlez-moi d’amour », 52 min, WDR, Arte – 2015.
- Sébastien Lifshitz - Les Vies de Thérèse - 52 min - 2016
Ligazóns externas
editar- Thérèse Clerc na IMDb (en inglés).
- Thérèse Clerc sur le site de France Inter
- Fonds Thérèse Clerc (Bibliothèque Marguerite Durand, París)
- Thérèse Clerc, invitée de Laure Adler dans l'émission de France Culture Hors-champs du 18 avril 2014 (43 min)
- Thérèse Clerc, utopiste réaliste, du blog « Les Culottées » de Pénélope Bagieu
A Galipedia ten un portal sobre: Muller |
A Galipedia ten un portal sobre: Francia |