Tesouro do Cadramón
O tesouro do Cadramón é un conxunto de 11 moedas romanas de bronce cuñadas nos séculos III e IV d.C., achado no Cadramón, O Valadouro.
Tesouro do Cadramón | |
Tipo | 11 moedas romanas |
Data | Século III e século IV |
Cultura | Imperio Romano |
Características | |
Materiais | Bronce |
Descuberta | |
Localización | O Cadramó, O Valadouro, Lugo , Galicia |
Conservación | |
Localización | Museo Provincial de Lugo |
Descuberta
editarDescoñécense as circunstancias deste achado monetario, á parte de que tivo lugar na parroquia de San Xurxo de Cadramón, no concello lugués do Valadouro, na Mariña Central.[1]
O investigador arqueólogo Felipe Arias apunta a posibilidade de que o doador das moedas ao Museo Provincial de Lugo, que as conserva, fose Ricardo López Pacho.[2][3][4]
Contido
editarA composición orixinal do conxunto non é coñecida; sábese unicamente que no museo lugués ingresaron entre os anos 1973 e 1979 once moedas romanas de bronce, emitidas a nome dos primeiros tetrarcas, entre 284 e 337 d.C.
A atribución dos 11 exemplares conservados é a seguinte:[1]
Emperador | Período | Exemplares |
---|---|---|
Diocleciano | 284-305 d.C. | 1 |
Maximiano | 286-306 d.C. | 1 |
Constancio I Cloro | 293-306 d.C. | 4 |
Galerio | 305-311 d.C. | 2 |
Maximino II Daia | 305-313 d.C. | 2 |
Constantino | 306-337 d.C. | 14 |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Tesouriño do Cadramón (O Valadouro, Lugo)". En Balseiro García, A. (coord.) (2001). Páxina 51.
- ↑ Arias Vilas, F. (1979).
- ↑ "B.3.- San Xurxo do Cadramón (Valadouro)". En Balseiro García, A. et al. (2021-a-). Páxina 772.
- ↑ Alcorta Irastorza, E. (2016). "As, maravedí, real y peseta. Un paseo por la colección numismática del Museo Provincial de Lugo". En XV Congreso Nacional de Numismática (Madrid, 28-30 octubre 2014). Páxina 133.. RCM-FNMT, Madrid. ISBN 978-84-89157-73-6
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Arias Vilas, F. (1979). “Noticia dun tesouriño de moedas romanas no Cadramón (O Valadouro, Lugo)”. En Revista Gallaecia. Nº 5. Páxinas 325-327.
- Balseiro García, A. (coord.) (2001). Percorridos pola colección numismática do Museo Provincial de Lugo. Deputación de Lugo. ISBN 978-84-8192-573-9
- Balseiro García, A. et al. (2021-a-). "Tesoros monetarios del Museo Provincial de Lugo: estudio y difusión". En Actas. XVI Congreso Nacional de Numismática (Barcelona, 28, 29 y 30 de noviembre de 2018). Tomo II. RCM-FNMT, Madrid. Páxinas 763-781. ISBN 978-84-89157-85-9
- Balseiro García, A. et al. (2021-b-). "Recorrido por la colección numismática del Museo Provincial de Lugo: programa de investigación y proyectos de divulgación". En Actas. XVI Congreso Nacional de Numismática (Barcelona, 28, 29 y 30 de noviembre de 2018). Tomo II. RCM-FNMT, Madrid. Páxinas 593-598. ISBN 978-84-89157-85-9
- Carnero Vázquez, M. O. (2015): “Os “Tesouriños” da colección numismática do Museo Provincial de Lugo”. En Férvedes. Revista de Investigación 8. Páxinas 439-444
- Cavada Nieto, M. (2005). "Numismática romana en la provincia de Lugo". En Boletín do Museo Provincial de Lugo. XII, 1. Páxinas 41-70