Teresina
Teresina é a capital do estado brasileiro do Piauí. Sitúase xunto ás marxes dos ríos Parnaíba e Poti, sendo a única capital de estado do Nordeste brasileiro que non está no litoral. É veciña, na outra marxe do Parnaíba, da cidade de Timon, no Maranhão.
Himno | Hino do município de Teresina (pt) ![]() ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Brasil | ||||
Unidades da federación | Piauí ![]() | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 868.075 (2020) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 1.381,981 km² ![]() | ||||
Altitude | 101 m-87 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | União (pt) ![]() Altos (pt) ![]() Nazária (pt) ![]() Caxias (pt) ![]() Monsenhor Gil (pt) ![]() Palmeirais (pt) ![]() José de Freitas (pt) ![]() Curralinhos (pt) ![]() Lagoa do Piauí (pt) ![]() Timon Demerval Lobão (pt) ![]() Pau d'Arco do Piauí (pt) ![]() ![]() | ||||
Creación | 1852 ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Prefeito (pt) ![]() ![]() | Sílvio Mendes (pt) ![]() ![]() | ||||
Órgano lexislativo | câmara municipal de Teresina (pt) ![]() ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 64000-000 ![]() | ||||
Prefixo telefónico | 086 ![]() | ||||
Código de concello do Brasil | 2211001 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | pmt.pi.gov.br ![]() |
A temperatura media anual é de 28 °C, con máximas anuais que poden pasar dos 38 °C.
A cidade ten unha das mellores redes hospitalares do nordeste do Brasil [Cómpre referencia], e recibe pacientes doutras cidades e ata dos estados veciños (Ceará e Maranhão) que alí buscan tratamentos de saúde. Segundo as estatísticas da Prefeitura da cidade, hai 634 empresas de saúde na cidade, sendo 8 hospitais, empregando no total 15 mil persoas.
Outras actividades económicas importantes son a industria (medicamentos, produtos de hixiene, cerámica, téxtiles, construción civil, o comercio e os servizos, e o turismo. Esta última actividade medrou grazas ó turismo de negocios e á descuberta polos visitantes do sueste e do sur do Brasil dos atractivos turísticos do estado do Piauí, como o Parque Nacional de Sete Cidades e as dunas de area do delta do río Parnaíba. Como Teresina ten mellor infraestrutura hoteleira, funciona como escala nestas visitas.
Pero a pesar da importancia de Teresina, a cidade aínda é a capital dun dos estados máis pobres da federación brasileira, e as principais estradas que ligan a cidade co Sur do Brasil, con Recife e con Brasilia están en precaria conservación.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Teresina |