Teresa Luzzatti
Teresa Luzzatti Quiñones de López de Rúa, nada en Lugo o 5 de outubro de 1889 e finada en Madrid o 14 de novembro de 1942[1], foi unha política galega. Dirixente católica, formou parte da Asemblea Nacional Consultiva da ditadura de Primo de Rivera[2].
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de outubro de 1889 ![]() Lugo, España ![]() |
Morte | 14 de novembro de 1942 ![]() Madrid, España ![]() |
![]() | |
10 de outubro de 1927 – 15 de febreiro de 1930 ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | política ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Jovino López Rúa ![]() |
Pai | Gustavo Luzzatti dal Pozzo ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarEstudou en España e no estranxeiro. Xa viúva e nai de cinco fillos, deuse a coñecer como dirixente da Acción Católica da Muller, así como secretaria do seu Centro de Estudos[3]. Dirixiu a Sección Municipalista da ACM, encargada de organizar o censo municipal de cara ao sufraxio aprobado polo Estatuto Municipal de 1924. Impulsou e dirixiu a Universidade Profesional Feminina de Madrid[4][5], tamén chamada Universidade Popular da Muller, que fundara a imaxe das escolas profesionais para a muller que funcionaban en Barcelona e no estranxeiro, principalmente en Francia, Bélxica ou o Canadá[6]. Esta institución dependía da ACM desde a súa aprobación na terceira asemblea da Acción Católica en 1926.
Tamén en 1926 pasou a formar parte da Asemblea Nacional Consultiva creada por Miguel Primo de Rivera, unha cámara corporativa e non democrática. Ingresou xunto a María de Maeztu, Josefina Olóriz, María de Echarri, Blanca de los Ríos e Micaela Díaz Rabaneda entre outras mulleres, designadas polas “actividades da vida nacional”, é dicir, polo seu apostolado social[7]. Incorporouse en outubro de 1927 á sección de Acción Social, Sanidade e Beneficencia. O 14 de decembro de 1929 recibiu do ministro Eduardo Aunós a medalla de prata do Traballo[8].
Tras a fin da ditadura e despois das eleccións municipais de España de 1931, seguiu militando na Acción Católica da Muller dentro das tendencias que, sen saír do apoliticismo organizativo, fomentaban a participación política individual. En novembro de 1931 incorporouse á constituída Sección Feminina de Acción Popular. En 1934 foi nomeada presidenta do xurado mixto de Vestimenta e Tocado de Madrid[9].
Tras o Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 que deu pé á guerra civil española mantívose en Madrid, doente de diabetes[10]. No momento do seu falecemento era vogal da Xunta municipal de primeira ensinanza de Madrid[11].
Como conferenciante disertou sobre Exeria no Lar Gallego de Madrid[12]. Escribiu o drama La verdadera felicidad, representado na Coruña en 1958[13].
Vida persoal
editarFilla do enxeñeiro e fotógrafo Gustavo Luzzatti dal Pozzo[14] e da ponferradina Margarita Quiñones Armesto, foi irmá de Gustavo, Margarita, Jerónimo, Emilia e Susana Luzzatti Quiñones[15]. Casou co militar melidao Jovino López Rúa[10], e foi nai de Gustavo (n. 1 de novembro de 1908), Teresa (nada o 12 de abril de 1911 e asistente á Universidade Popular da Muller[5]), María, José e Margarita López Luzzati[14]. Foi curmá do político José María Gil Robles.
Notas
editar- ↑ "Necrológicas. Doña Teresa Luzzatti". ABC (en castelán). 17 de novembro de 1942. p. 19.
- ↑ Asamblea Nacional (1927). Biografías y retratos de los señores asambleístas y numerosos datos del mayor interés. Madrid: Publicaciones Patrióticas.
- ↑ "Acción Católica de la Mujer". ABC. 21 de novembro de 1922. p. 16.
- ↑ Araque Hontangas, N. (2010). La educación secundaria femenina. 1900-1930. Editorial Complutense. p. 124.
- ↑ 5,0 5,1 "Reparto de premios en la Acción Católica de la Mujer". ABC. 1 de xullo de 1928. p. 28.
- ↑ Thivierge, N. (1982). Écoles ménagères et instituts familiaux: Un modèle féminin traditionnel. Histoire de l‘enseignement ménager-familial au Québec, 1882- 1970. Québec.
- ↑ Grana-Gil, I. M.; Trigueros Gordillo, G.; Robles Sanjuan, V. (2019). La identidad femenina durante la dictadura de Primo de Rivera: las mujeres asambleístas (Informe). Universidade de Málaga.
- ↑ La Vanguardia, 15 de decembro de 1929.
- ↑ José Ayats (12 de decembro de 1934). "Ministerio de Trabajo, Sanidad y Previsión. Órdenes" (PDF). Gaceta de Madrid.
- ↑ 10,0 10,1 "La hija feminista de un pionero de la fotografía". Diario de León. 21 de outubro de 2012.
- ↑ "Comisión Municipal Permanente". Boletín del Ayuntamiento de Madrid (en castelán) (Madrid). 21-11-1942.
ACUERDOS: Consignar en acta el sentimiento de la Corporación por el fallecimiento de doña Teresa Luzzatti, Vocal de la Junta Municipal de Primera Enseñanza, y transmitir el pésame a la familia
- ↑ "Noticias e informaciones diversas". ABC. 29 de abril de 1930. p. 32.
- ↑ "Velada artística de las Mujeres Obreras de la A. C.". Hoja del Lunes. 17 de febreiro de 1958. p. 9.
- ↑ 14,0 14,1 García González, M. J. (2012). "El ingeniero Gustavo Luzzatti, pionero fotográfico de Ponferrada, y su familia". Bierzo: 87–101.
- ↑ Paco Moreno (19 de maio de 2017). "«Jerónimo Luzzati era ingeniero y nada más»". Las Provincias.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Ballarín Domingo, P. (1999). "Maestras, innovación y cambios". Arenal 6 (1): 81–110.
- Blasco Herranz, I. (2003). Paradojas de la ortodoxia. Política de masas y militancia católica en España (1919-1939). Zaragoza: Onys 21.
- Díaz Fernández, P. (2005). "La Dictadura de Primo de Rivera. Una oportunidad para la mujer". Espacio, Tiempo y Forma. Volumen V. Historia Contemporánea (Universidad Nacional de Educación a Distancia) XVII: 175–190.
- Duch Plana, M. (2004). "Asambleístes, diputades i procuradores: dones a la res pública a l’Espanya del segle xx". En R. Congost; F. Llorenç. Homenatge al dr. Emili Giralt i Raventòs. Barcelona: Edicions de la Universitat. pp. 411–424.
- Folguera Crespo, P. (1983). "Feminismo y Estado: La participación de la mujer en las instituciones políticas durante la Dictadura de Primo de Rivera". Bulletin du Departement de Recherches Hispaniques (27 (VI-1983)): 32–56.
- García Martí, V. (1 de decembro de 1931). "Mujeres gallegas. Teresa Luzzatti". Mundo Gráfico. p. 33.
- González Castillejo, M.ª J. (1994). "Los conceptos de mujer, ciudadanía y patria en la dictadura de Primo de Rivera. Imágenes, símbolos y estereotipos". Preactas del II Coloquio Internacional de la Asociación Española de Investigación Histórica de las Mujeres. Santiago de Compostela.
- Laffitte, M. (1964). La mujer en España. Cien años de su historia. Madrid: Aguilar.
- Marvaud, A. (1975). La cuestión social en España. Madrid: Ediciones de la Revista de Trabajo.
- VV.AA. (1927). Tercera Asamblea de la Acción Católica de la Mujer. Madrid.
- VV.AA. (2005). Dones públiques. Política i Gènere a l’Espanya del segle xx. Tarragona: Arola.