Teodoro II, papa de Alexandría
Teodoro II (en copto: Ⲡⲁⲡⲁ Ⲁⲃⲃⲁ Ⲑⲉⲟ́ⲇⲱⲣⲟⲥ ⲃ̅ , tr. Papa Abba Theódōrōs II; en árabe: البابا تواضروس الثاني, tr. al-Baba Tawadurus al-zani), nado en Mansura (Exipto) o 4 de novembro de 1952 é o 118º Papa de Alexandría da Igrexa Ortodoxa Copta, no cargo dende o 18 de novembro de 2012.
![]() (2019) ![]() | |
Nome orixinal | (cop) Ⲡⲁⲡⲁ Ⲁⲃⲃⲁ Ⲑⲉⲟ́ⲇⲱⲣⲟⲥ ⲡⲓⲙⲁϩ ⲃ̅ ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (arz) وجيه صبحي باقي سليمان ![]() 4 de novembro de 1952 ![]() Mansura, Exipto ![]() |
![]() | |
18 de novembro de 2012 – ← Shenouda III ![]() | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexas ortodoxas orientais e Igrexa ortodoxa copta ![]() |
Educación | Universidade de Alexandría - farmacoloxía Mosteiro de San Bishoi ![]() |
Actividade | |
Ocupación | presbítero, crego cristián, bispo ![]() |
Consagración | Shenouda III ![]() |
![]() ![]() |
Traxectoria
editarNaceu como Waxih Subhi Baqi Sulaiman (وجيه صبحى باقى سليمان) o 4 de novembro de 1952 na cidade de Mansura, Exipto.[1] Estudou Farmacia na Universidade de Alexandría, graduándose en 1975.[1] Aos poucos anos de traballar nunha compañía farmacéutica, ingresou no mosteiro de san Pishoi de Wadi al Natrun, e foi ordenado sacerdote en 1989.
O 15 de xuño de 1997 foi consagrado bispo polo papa de Alexandría Xinuda III,[2] e tomou o nome de "Teodoro". Foi asignado á eparquía de Bihira.
Á morte de Xinuda III, estivo entre os tres candidatos para sucederlle, resultando elixido o 18 de novembro de 2012.
O 8 de maio de 2013 Teodoro II visitou no Vaticano ao papa Francisco; esta foi a segunda vez que un papa copto visitaba ao seu homólogo católico.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Eglise de la Vierge Marie et Saint Mina, Marsella (Francia) (ed.). "Sa Sainteté le pape Tawadros II (Théodore II), pape d'Alexandrie" (en francés). Arquivado dende o orixinal o 30-10-2013. Consultado o 22-09-2014.
- ↑ Igrexa Ortodoxa Británica (ed.). "Bishop Tawadros chosen by the Sacred Lot to be 118th Pope" (en inglés). Consultado o 17 de setembro de 2014.