Teodoro Franco Lamela

guerrilleiro antifranquista galego

Teodoro Franco Lamela, nado en San Pantaleón de Cabanas (Ourol) e finado en Insua (Ortigueira) o 8 de agosto de 1948, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Modelo:BiografíaTeodoro Franco Lamela
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
San Pantaleón de Cabanas, España Editar o valor en Wikidata
Morte8 de agosto de 1948 Editar o valor en Wikidata
Insua, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte en combate, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmaquis Editar o valor en Wikidata

Los de la sierra: 2650

Traxectoria

editar

Veciño de Insua (Ortigueira). Actuou como enlace xunto cos seus irmáns Alberto, Manuel e Remigio Franco Lamela antes de unirse á guerrilla en febreiro de 1944. A principios de 1945, logo da morte de José Neira Fernández tomou o mando do grupo do grupo Neira. O grupo estaba formado por quince homes, entre eles os seus tres irmáns Alberto, Manuel e Remigio, e actuaba na zona de Ortigueira. Participou no asalto a Manuel Pajón Prieto o 27 de decembro de 1947. Foi morto pola Garda civil o 8 de agosto de 1948 durante un enfrontamento coa Garda Civil en Insua (Ortigueira).

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 67. ISBN 84-8485-231-8.