Tenascina
As tenascinas son glicoproteínas da matriz extracelular. Son abondosas na matriz extracelular de embrións de vertebrados en desenvolvemento e reaparecen arredor de feridas en curación e no estroma dalgúns tumores.
Tipos
editarHai catro membros da familia xénica da tenascina, que son: tenascina C, tenascina R, tenascina X e tenascina W.
- A tenascina C é o membro fundador desta familia xénica. No embrión prodúcena células migradoras como as da crista neural; tamén é abondosa nos tendóns, ósos e cartilaxes en desenvolvemento.
- A tenascina R encóntrase no sistema nervioso en desenvolvemento e adulto.
- A tenascina X encóntrase principalmente en tecidos conectivos laxos. As mutacións no xene da tenascina-X humana poden orixinar unha forma da síndrome de Ehlers-Danlos.[2]
- A tenascina W encóntrase nos riles e no óso en desenvolvemento.
A súa estrutura básica está formada por 14 repeticións de tipo EGF situados cara ao extremo N-terminal, e 8 ou máis dominios de fibronectina-III, que varían coas especies e variantes.
A tenascina C é o membro máis intensamente estudado da familia. Ten propiedades antiadhesivas, que causan que as células en cultivo cellar se fagan arredondadas cando esta proteína se engade ao medio. Un mecanismo para explicar isto pode deberse a esta capacidade de unirse á glicoproteína fibronectina da matriz extracelular e bloquear as interaccións da fibronectina con sindecanos específicos. A expresión de tenascina C no estroma de certos tumores está asociada cun mal prognóstico na enfermidade.
Notas
editar- ↑ PDB 1TEN; Leahy DJ, Hendrickson WA, Aukhil I, Erickson HP (novembro de 1992). "Structure of a fibronectin type III domain from tenascin phased by MAD analysis of the selenomethionyl protein". Science 258 (5084): 987–91. PMID 1279805. doi:10.1126/science.1279805.
- ↑ Bristow J, Carey W, Egging D, Schalkwijk J (2005). "Tenascin-X, collagen, elastin, and the Ehlers-Danlos syndrome". Am J Med Genet C Semin Med Genet 139 (1): 24–30. PMID 16278880. doi:10.1002/ajmg.c.30071.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Chiquet-Ehrismann R, Chiquet M (2003). "Tenascins: regulation and putative functions during pathological stress". J Pathol 200 (4): 488–99. PMID 12845616. doi:10.1002/path.1415.
- Chiquet-Ehrismann R, Tucker R (2004). "Connective tissues: signalling by tenascins". Int J Biochem Cell Biol 36 (6): 1085–9. PMID 15094123. doi:10.1016/j.biocel.2004.01.007.
- Hsia H, Schwarzbauer J (2005). "Meet the tenascins: multifunctional and mysterious". J Biol Chem 280 (29): 26641–4. PMID 15932878. doi:10.1074/jbc.R500005200.
- Jones F, Jones P (2000). "The tenascin family of ECM glycoproteins: structure, function, and regulation during embryonic development and tissue remodeling". Dev Dyn 218 (2): 235–59. PMID 10842355. doi:10.1002/(SICI)1097-0177(200006)218:2<235::AID-DVDY2>3.0.CO;2-G.
Ligazóns externas
editar- Tenascin Medical Subject Headings (MeSH) na Biblioteca Nacional de Medicina dos EUA.