Ten
Ten é o primeiro álbum da banda estadounidense de grunge Pearl Jam. Foi editado o 27 de agosto de 1991 a través do selo Epic Records. É un dos discos de rock máis vendidos, e en decembro de 2012 Ten levaba unhas vendas de 9.983.000 copias só nos Estados Unidos[1].
Ten | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Pearl Jam | ||||
Publicado | 27 de agosto de 1991 | |||
Gravación | marzo - abril de 1991 | |||
Estudio(s) | London Bridge Studios | |||
Duración | 53:24 | |||
Xénero(s) | grunge | |||
Selo(s) | Epic Records | |||
Produtor | Pearl Jam e Rick Parashar | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
https://pearljam.com/music/album/ten | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
O nome do disco é unha homenaxe ao antigo nome da banda, Mookie Blaylock (baloncestista estadounidense o cal usaba o número dez na súa camisola). Foi producido por Rick Parashar, que tamén colaborou gravando piano, órgano e percusión[2].
No mes de febreiro do 2011 foi elixido polos lectores da revista Rolling Stone o terceiro mellor álbum dos anos 90[3]
Reedición do 2009
editarO álbum foi reeditado o 24 de marzo do 2009, sendo lanzado en varios formatos: a Legacy Edition formada por un disco coa mestura orixinal remasterizada e un segundo disco remasterizado e coas cancións orixinais remesturadas por Brendan O'Brien ademais de seis cancións extra; a deluxe edition que ademais dos dous discos contiña un DVD dun concerto acústico da banda na MTV realizado no ano 1992; a vinil collection con dous vinilos, o orixinal e o mesturado por Brendan O'Brien, ambos remasterizados; e super deluxe edition formada polos CDs e o DVD da edición deluxe, os dous vinilos da vinil collection, dous LPs máis cun directo no Magnuson Park de Seattle o 20 de setembro de 1992, e un casete réplica da demo da banda Momma-Son cos temas "Alive", "Once" e "Footsteps"[4].
Listaxe de cancións
editarTodas as letras escritas por Eddie Vedder.
N.º | Título | Música | Duración | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1. | "Once" (includes unlisted track[note 1]) | Stone Gossard | 3:51 | ||||||
2. | "Even Flow" | Gossard | 4:53 | ||||||
3. | "Alive" | Gossard | 5:41 | ||||||
4. | "Why Go" | Jeff Ament | 3:20 | ||||||
5. | "Black" | Gossard | 5:43 | ||||||
6. | "Jeremy" | Ament | 5:18 | ||||||
7. | "Oceans" |
|
2:42 | ||||||
8. | "Porch" | Vedder | 3:30 | ||||||
9. | "Garden" |
|
4:59 | ||||||
10. | "Deep" |
|
4:18 | ||||||
11. | "Release" (inclúe canción oculta) |
|
9:05 | ||||||
53:20 |
Notas
editar- ↑ music.yahoo.com - Week Ending Dec. 9, 2012. Albums: Swift’s Birthday Present
- ↑ http://pearljam.com/music/releases/studio%20album/ten
- ↑ "0 mellores álbums dos 90 segundo os lectores da Rolling Stone". Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2011. Consultado o 17 de febreiro de 2011.
- ↑ http://pearljam.com/music/releases/studio-album/ten-reissue
- ↑ Azevado, Lee Serpa (November 3, 2019). "Pearl Jam's 'Ten'". Medium.
Erro no código da cita: As etiquetas <ref>
existen para un grupo chamado "note", pero non se atopou a etiqueta <references group="note"/>
correspondente