Templo de Atenea Alea en Texea
O Templo de Atenea Alea estaba situado na cidade de Texea, na Arcadia.
Templo de Atenea Alea en Texea | |
---|---|
![]() | |
País | Grecia |
Localización | Tripoli Municipality |
Coordenadas | 37°27′20″N 22°25′13″L / 37.455521, 22.420416 |
Estilo | arquitectura da Grecia Antiga |
[ editar datos en Wikidata ] |
Atenea Alea era a principal divindade local e diferentes templos foron construídos na cidade na súa honra, o derradeiro foi comezado en torno o ano -340.
Construción
editarFoi construído por Skopas pouco despois de rematar as esculturas do Mausoleo de Halicarnaso, Skopas tamén era escultor e encargouse de realizar os frontóns do templo; neles representábase a Aquiles e a Télefo loitando e máis a caza do xabarín calidonio por Atlanta.
O templo media 47,52 X 19,16 metros e a altura das súas columnas estaría sobre os nove metros, dúas ramplas de similar tamaño permitían o acceso á fachada leste e a unha gran porta na fachada norte a cal comunicaría o templo co recinto sagrado próximo. No interior atopábanse unha serie de columnas corintias acaroadas ós muros, de capiteis moi baixos e con columnas xónicas superpostas.
Restos na actualidade
editarNa actualidade os restos que se conservan son moi escasos, xa que un terremoto no século VI derrubou o edificio e posteriormente construíuse sobre as ruínas unha igrexa bizantina. No espazo que ocupaba quedan os cimentos e anacos das súas partes altas e columnas. Por mor da súa mala conservación é moi difícil o seu estudo.