Tempada 2015-16 do Campionato suízo de hóckey a patíns
A tempada 2015-16 da NLA foi a 94ª edición do Campionato suízo de hóckey a patíns. A competición comezou o día 9 de setembro de 2015 e a liga regular finalizou o 2 de abril de 2016 co RHC Diessbach á cabeza da competición. Os play-offs comezaron o 9 de abril de 2016 e finalizaron o 28 de maio de 2016 coa disputa da final.
Ao finalizar a tempada o RHC Diessbach alzou o seu segundo título de liga logo do conquistado na tempada 2012-13, mentres que o RHC Vordemwald descendeu á segunda categoría, a LNB, logo de finalizar na derradeira posición da clasificación e perder no play-out fronte ao RHC Wimmis. Pola súa banda Kissling Pascal (Diessbach) converteuse no máximo goleador da competición tras anotar un total de 42 goles (27 na liga regular e 15 nos play-offs).
Tipo | Campionato suízo de hóckey a patíns ![]() |
---|---|
Localización e Datas | |
País | Suíza ![]() |
Número de edición | 95 ![]() |
Competición | |
Primeiro posto | RHC Diessbach ![]() |
Equipos
editarNa tempada 2015-16 participaron na competición un total de dez equipos: nove deles foron equipos suízos e un foi alemán (RSV Weil). Entre os equipos suízos houbo unha destacada presenza de equipos procedentes do Cantón de Berna, que achegou un terzo dos equipos suízos en competición.
Nome | Cidade | Cantón | País | Fundación | Campionatos |
---|---|---|---|---|---|
RS Basel | Basilea | Basilea-Cidade | Suíza | 1939 | 2 |
RC Biasca | Biasca | Tesino | Suíza | 1985 | 0 |
RHC Diessbach | Diessbach bei Büren | Berna | Suíza | 1984 | 2 |
Genève RHC | Xenebra | Xenebra | Suíza | 1939 | 12 |
Montreux HC | Montreux | Vaud | Suíza | 1911 | 48 |
RHC Uri | Seedorf | Uri | Suíza | 1988 | 0 |
RSC Uttigen | Uttigen | Berna | Suíza | 1980 | 5 |
RHC Vordemwald | Vordemwald | Argovia | Suíza | 1987 | 0 |
RSV Weil | Weil am Rhein | Baden-Württemberg | Alemaña | 1952 | 1 |
RHC Wimmis | Wimmis | Berna | Suíza | 1975 | 1 |
Liga regular
editarA liga regular da NLA comezou o 9 de setembro de 2015 coa disputa da primeira xornada e finalizou o 2 de abril de 2016 tras completarse as 18 xornadas. O sistema de puntuación empregado non permite os empates e outorga os seguintes puntos:
- Vitoria: 3 puntos.
- Vitoria finalizado o tempo regulamentario: 2 puntos.
- Derrota finalizado o tempo regulamentario: 1 punto.
- Derrota: 0 puntos.
Ao final da liga regular o RHC Diessbach proclamouse campión da mesma, liderando a táboa clasificatoria cun total de 47 puntos, o que supón unha vantaxe de 14 puntos respecto do segundo clasificado, o Montreux HC, e tendo perdido tan só dous partidos. Pola súa banda, o RHC Vordemwald pechou a táboa con tan só catro vitorias e 11 puntos.[1]
Clasificación
editarPos | Equipo | Pts | PX | PG | VP | DP | PP | GF | GC | DG |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | RHC Diessbach | 47 | 18 | 15 | 1 | 0 | 2 | 83 | 31 | +52 |
2 | Montreux HC | 33 | 18 | 10 | 1 | 1 | 6 | 78 | 57 | +21 |
3 | Genève RHC | 32 | 18 | 9 | 2 | 1 | 6 | 88 | 59 | +29 |
4 | RS Basel | 30 | 18 | 8 | 2 | 2 | 6 | 75 | 87 | -12 |
5 | RSC Uttigen | 29 | 18 | 8 | 2 | 1 | 7 | 78 | 69 | +9 |
6 | RSV Weil | 27 | 18 | 5 | 5 | 2 | 6 | 59 | 69 | -10 |
7 | RC Biasca | 26 | 18 | 8 | 1 | 0 | 9 | 61 | 65 | -4 |
8 | RHC Uri | 18 | 18 | 4 | 4 | 1 | 9 | 54 | 81 | -27 |
9 | RHC Wimmis | 17 | 18 | 4 | 0 | 5 | 9 | 52 | 67 | -15 |
10 | RHC Vordemwald | 11 | 18 | 2 | 2 | 1 | 14 | 57 | 100 | -43 |
Lenda
editar
Pts = Puntos totais |
GF = Goles a favor |
Resultados
editarFonte: Federación Suíza de Hóckey a Patíns[2]
Clubs | BAS | BIA | DIE | GEN | MON | URI | UTT | VOR | WEI | WIM |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
RS Basel | 4:2 | 3:1 | 6:7 n.V. | 5:3 | 8:6 | 4:8 | 6:4 | 4:5 n.P. | 6:4 | |
RC Biasca | 4:5 | 3:6 | 1:6 | 4-3 | 7:1 | 2:1 | 7:1 | 4:3 n.V. | 3:1 | |
RHC Diessbach | 7-2 | 3:0 | 7:2 | 6:1 | 6:1 | 3:1 | 4:0 | 6:1 | 6:1 | |
Genève RHC | 7:3 | 5:1 | 5:6 | 6:1 | 4:3 n.V. | 4:5 n.V. | 6:2 | 1-2 | 7:4 | |
Montreux HC | 7:3 | 6:2 | 3:2 | 4:1 | 7:4 | 5:2 | 10:3 | 2:3 n.V. | 4:3 | |
RHC Uri | 6-2 | 4:1 | 1:2 n.V. | 1:10 | 1:4 | 6-7 | 3:1 | 0:2 | 3:2 | |
RSC Uttigen | 8:2 | 4:5 | 2:7 | 2:5 | 5:3 | 4:3 n.V. | 6:4 | 7:1 | 6:1 | |
RHC Vordemwald | 4:5 n.V. | 2:3 | 3:6 | 3:7 | 0:9 | 8:5 | 2:4 | 6:5 n.V. | 5:4 n.V. | |
RSV Weil | 2:4 | 6:10 | 2:3 | 3:2 | 4:2 | 4:3 n.V. | 6:5 n.V. | 4:6 | 3:2 n.V. | |
RHC Wimmis | 2:3 n.V. | 4:2 | 0:2 | 5:3 | 3:4 n.P. | 2:3 n.P. | 6:1 | 6-3 | 2:3 |
Vitoria local | Vitoria visitante |
Máximos goleadores
editarAo final da liga regular o máximo goleador da competición foi Kissling Pascal, do RHC Diessbach cun total de 27 goles. A seguinte táboa mostra os cinco máximos goleadores da tempada:[3]
Xogador | Equipo | Goles |
---|---|---|
Kissling Pascal | RHC Diessbach | 27 |
Garcia Mendez Federico | Genève RHC | 25 |
Ré Cleto | RC Biasca | 25 |
Moor Sandro | RHC Vordemwald | 23 |
Lourenco Ribeiro Rui Miguel | RSC Uttigen | 20 |
Schaffer Robin | RSC Uttigen | 20 |
Play-off
editarÁ finalización da liga regular, os oito primeiros equipos da táboa clasificáronse para os play-offs polo título, que comezaron o 9 de abril de 2016. Todas as series consistiron en enfrontamentos ao mellor de tres encontros con vantaxe de campo para o equipo mellor clasificado na liga regular, coa excepción da final, que se disputou a partido único o 28 de maio de 2016 ás 21h no CIS Halle de Solothurn ante 1020 espectadores.[4]
Logo dos play-offs o RHC Diessbach conseguiu alzarse co título de liga logo de derrotar ao Genève RHC na final por 4 goles a 1. O equipo de Xenebra chegaba á final sen perder ningún partido e tendo encaixado tan só 10 goles fronte aos 22 anotados nas dúas roldas anteriores. Pola súa banda, o equipo de Diessbach bei Büren precisara dos tres encontros da rolda de cuartos de final e semifinais. O máximo anotador dos play-offs foi Kissling Pascal, que anotou 15 goles en sete partidos para o RHC Diessbach.[5]
Cadro
editarCuartos de final | Semifinal | Final | ||||||||
RHC Diessbach | 2 | |||||||||
RHC Uri | 1 | |||||||||
RHC Diessbach | 2 | |||||||||
RSC Uttigen | 1 | |||||||||
RS Basel | 0 | |||||||||
RSC Uttigen | 2 | |||||||||
RHC Diessbach | 1 | |||||||||
Genève RHC | 0 | |||||||||
Montreux HC | 2 | |||||||||
RC Biasca | 1 | |||||||||
Montreux HC | 0 | |||||||||
Genève RHC | 2 | |||||||||
Genève RHC | 2 | |||||||||
RSV Weil | 0 | |||||||||
Resultados
editarFonte: Federación Suíza de Hóckey a patíns[6]
Cuartos
editar- RHC Diessbach (2) vs RHC Uri (1)
RHC Diessbach | 6:4[7] | RHC Uri | 9 de abril de 2016 – Diessbach Asistencia: 120 Árbitro: Eggimann Roland , Novo Carlos |
César Salgueiro 1' Pascal Kissling 28', 38', 44', 47' David Carles Domènech 28' |
Livio Schuler 3' Patrick Greimel 32', 46' Michael Gehrig 49' | ||
RHC Uri | 3:2 (2:2 logo do tempo regulamentario)[8] |
RHC Diessbach | 13 de abril de 2016 – Uri Asistencia: 146 Árbitro: Armati Enrico , Hinteregger Markus |
Patrick Greimel 1' Manuel Gisler 38' Thomas Gisler 52' |
Hanes Wegmüller 18' Michel Dantas Zanini 49' | ||
RHC Diessbach | 4:0[9] | RHC Uri | 23 de abril de 2016 – Diessbach Asistencia: 150 Árbitro: Dornbierer Urs , Jordi Steff |
Pascal Kissling 9', 43', 47' David Carles Domènech 36' |
|||
- RS Basel (0) vs RSC Uttigen (2)
RS Basel | 5:7[10] | RSC Uttigen | 9 de abril de 2016 – Basilea Asistencia: 42 Árbitro: Dornbierer Urs , Macula Antonio |
Tobias Mohr 1', 43' Alberto Garcia 4', 14' Guido Elian Pellizzari Oliva 25' |
Rui Miguel Lourenco Ribeiro 4', 38', 45', 49' Sascha Frey 17' Fabian Althaus 30', 47' | ||
RSC Uttigen | 7:6[11] | RS Basel | 16 de abril de 2016 – Uttigen Asistencia: 150 Árbitro: Eggimann Roland , Lewis Mark |
Fabian Althaus 20', 39', 42' André Pereira 28', 44' Rui Miguel Lourenco Ribeiro 47' Leandro Wada 48' |
Alberto Gómez del Torno 9', 34' Alberto Garcia 21', 30', 43' Tobias Mohr 39' | ||
- Montreux HC (2) vs RC Biasca (1)
Montreux HC | 1:2[12] | RC Biasca | 9 de abril de 2016 – Montreux Asistencia: 100 Árbitro: Jordi Steff , Rubi Urs |
Adrian Boo Garcia 18' | Cleto Ré 28' Gregorio Boll 29' | ||
RC Biasca | 2:4[13] | Montreux HC | 16 de abril de 2016 – Biasca Asistencia: 198 Árbitro: Gisler Roman , Minder Andreas |
Albert Soler Gironès 17', 18', 21' Xavier Terns Torrens 22' |
Camillo Boll 28' Cleto Ré 46' | ||
Montreux HC | 6:5 (5:5 logo do tempo regulamentario)[14] |
Biasca RC | 23 de abril de 2016 – Montreux Asistencia: 100 Árbitro: Eggimann Roland , Graber Thomas |
Tiago Ferreira Sousa 3', 30', 50' Xavier Terns Torrens 28', 47' Ferran Guimerà 46' |
Camillo Boll 9' Cleto Ré 11', 16', 29' Gregorio Boll 38' | ||
- Genève RHC (2) vs RSV Weil (0)
Genève RHC | 7:1[15] | RSV Weil | 9 de abril de 2016 – Xenebra Asistencia: 112 Árbitro: Lewis Mark , Fermi Gianni |
Flavio Silva 6', 28', 37' Federico Garcia Mendez 20', 28', 44' Gaël Jimenez 35' |
Tim Schaller 45' | ||
RSV Weil | 1:3[16] | Genève RHC | 16 de abril de 2016 – Weil am Rhein Asistencia: 100 Árbitro: Jordi Steff , Rubi Urs |
Luis Coelho 3' Jerôme Desponds 4' Gaël Jimenez 7' |
Marzio Vanina 44' | ||
Semifinais
editar- DRHC Diessbach (2) vs RSC Uttigen (1)
RHC Diessbach | 3:4 (3:3 logo do tempo regulamentario)[17] |
RSC Uttigen | 30 de abril de 2016 – Diessbach Asistencia: 120 Árbitro: Jordi Steff , Fermi Gianni |
Pascal Kissling 4', 16' Michel Dantas Zanini 24' |
Timo Schertenleib 8' André Pereira 8' Leandro Wada 17', 55' | ||
RSC Uttigen | 1:3[18] | RHC Diessbach | 14 de maio de 2016 – Uttigen Asistencia: 260 Árbitro: Eggimann Roland , Graber Thomas |
Rui Miguel Lourenço Ribeiro 36' | Albert Galan 8' Pascal Kissling 42' Nino Wyss 48' | ||
RHC Diessbach | 5:1[19] | RSC Uttigen | 21 de maio de 2016 – Diessbach Asistencia: 135 Árbitro: Lewis Mark , Armati Enrico |
Pascal Kissling 6', 15', 43' César Salgueiro 28', 44' |
André Pereira 33' | ||
- Montreux HC (0) vs Genève RHC (2)
Montreux HC | 2:4[20] | Genève RHC | 30 de abril de 2016 – Montreux Asistencia: 200 Árbitro: Eggimann Roland , Rubi Urs |
Ferran Guimerà 3' Albert Soler Gironès 9' |
Flavio Silva 4' Florian Brentini 12' Luis Coelho 32' Federico Garcia Mendez 47' | ||
RHC Diessbach | 10:1[21] | Genève RHC | 28 de maio de 2016 – Xenebra Asistencia: 230 Árbitro: Schneider Johannes , Stampfli Marc |
Federico Garcia Mendez 11', 15', 15', 39' Luis Coelho 15', 43' Gaël Jimenez 34' Florian Brentini 40' Jonas Jimenez 44' Flavio Silva 48' |
Albert Soler Gironès 18' | ||
Final
editarRHC Diessbach | 4:1[4] | Genève RHC | 28 de maio de 2016 – CIS Halle, Solothurn Asistencia: 1.020 Árbitro: Dornbierer Urs , Jordi Steff |
David Carles Domènech 28' Pascal Kissling 41', 48' César Salgueiro 45' |
Federico Garcia Mendez 45' | ||
Play-out
editarOs dous últimos clasificados da liga regular foron o RHC Wimmis e o RHC Vordemwald,[1] que se enfrontaron no play-out para manter a categoría, resultando gañadores os de Wimmis logo de tres vitorias consecutivas, polo que o RHC Vordemwald descendeu á LNB.[22] O máximo anotador das series pola permanencia na máxima categoría do hóckey a patíns suízo foi Wirth Dominic (RCH Wimmis), que anotou sete goles en dous partidos.[23]
Resultados
editarRHC Wimmis | 8:1[24] | RHC Vordemwald | 9 de abril de 2016 Asistencia: 75 Árbitro: Schneider Johannes , Hinteregger Markus cidade = Wimmis |
Dominic Wirth 10', 24', 28', 43' Kevin Gmür 21', 39', 45' Sebastian Pfähler 23' |
Patrick Moor 30' | ||
RHC Vordemwald | 3:5[25] | RHC Wimmis | 26 de abril de 2016 – Vordemwald Asistencia: 120 Árbitro: Lewis Mark , Schneider Johannes |
Simon Wuffli 14' Sven Kunz 25' Sandro Moor 47' |
Dominic Wirth 13', 34', 37' Jonathan Brand 36' Kevin Gmür 41' | ||
RHC Wimmis | 6:3[26] | RHC Vordemwald | 30 de abril de 2016 – Wimmis Asistencia: 177 Árbitro: Pace Marco , Stampfli Marc |
Kevin Gmür 4', 38' Simon Brand 10' Tobias Lukas Cebulla 33' Jonathan Pfähler 35' Mike Gianella 47' |
Simon Wuffli 29' Sandro Moor 31' Patrick Moor 48' | ||
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "NLA Spielübersicht. Tabelle" (en alemán). Federación Suíza de Hóckey a Patíns. Consultado o 29 de xuño de 2016.[Ligazón morta]
- ↑ "NLA Spielübersicht. Resultate" (en alemán). Federación Suíza de Hóckey a Patíns. Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2016. Consultado o 29 de xuño de 2016.
- ↑ "NLA Spielübersicht. Skorer" (en alemán). rollhockey.ch. Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2016. Consultado o 8 de maio de 2016.
- ↑ 4,0 4,1 "Ficha da final" (en alemán). Federación Suíza de Hóckey a Patíns. Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2019. Consultado o 30 de xuño de 2016.
- ↑ "NLA Play-Off. Skorer" (en alemán). Federación Suíza de Hóckey a Patíns. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 29 de xuño de 2016.
- ↑ "NLA Play-Off. Resultate" (en alemán). Federación Suíza de Hóckey a Patíns. Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2016. Consultado o 29 de xuño de 2016.
- ↑ "Ficha do partido" (en alemán). Federación Suíza de Hóckey a patíns. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 30 de xuño de 2016.
- ↑ "Ficha do partido" (en alemán). Federación Suíza de Hóckey a patíns. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 30 de xuño de 2016.
- ↑ "Ficha do partido" (en alemán). Federación Suíza de Hóckey a patíns. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 30 de xuño de 2016.
- ↑ "Ficha do partido" (en alemán). Federación Suíza de Hóckey a patíns. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 30 de xuño de 2016.
- ↑ "Ficha do partido" (en alemán). Federación Suíza de Hóckey a patíns. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 30 de xuño de 2016.
- ↑ "Ficha do partido" (en alemán). Federación Suíza de Hóckey a patíns. Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2019. Consultado o 30 de xuño de 2016.
- ↑ "Ficha do partido" (en alemán). Federación Suíza de Hóckey a patíns. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 30 de xuño de 2016.
- ↑ "Ficha do partido" (en alemán). Federación Suíza de Hóckey a patíns. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 30 de xuño de 2016.
- ↑ "Ficha do partido" (en alemán). Federación Suíza de Hóckey a patíns. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 30 de xuño de 2016.
- ↑ "Ficha do partido" (en alemán). Federación Suíza de Hóckey a patíns. Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2019. Consultado o 30 de xuño de 2016.
- ↑ "Ficha do partido" (en alemán). Federación Suíza de Hóckey a patíns. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 30 de xuño de 2016.
- ↑ "Ficha do partido" (en alemán). Federación Suíza de Hóckey a patíns. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 30 de xuño de 2016.
- ↑ "Ficha do partido" (en alemán). Federación Suíza de Hóckey a patíns. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 30 de xuño de 2016.
- ↑ "Ficha do partido" (en alemán). Federación Suíza de Hóckey a patíns. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 30 de xuño de 2016.
- ↑ "Ficha do partido" (en alemán). Federación Suíza de Hóckey a patíns. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 30 de xuño de 2016.
- ↑ "NLA Play-Out. Resultate" (en alemán). Federación Suíza de Hóckey a Patíns. Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2019. Consultado o 29 de xuño de 2016.
- ↑ "NLA Play-Out. Skorer" (en alemán). Federación Suíza de Hóckey a Patíns. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 29 de xuño de 2016.
- ↑ "Ficha do partido" (en alemán). Federación Suíza de Hóckey a Patíns. Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2019. Consultado o 30 de xuño de 2016.
- ↑ "Ficha do partido" (en alemán). Federación Suíza de Hóckey a Patíns. Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2019. Consultado o 30 de xuño de 2016.
- ↑ "Ficha do partido" (en alemán). Federación Suíza de Hóckey a Patíns. Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2019. Consultado o 30 de xuño de 2016.