Telectroscopio
Demonínase telectroscopio unha serie de prototipos teóricos de finais do século XIX de aparellos que permitían a visión a distancia.
Logo do traballo de Willoughby Smith que descubriu a fotocondutividade do selenio en 1873 houbo unha serie de investigadores que presentaron traballos que describían modelos de aparellos capaces teoricamente de transmitir imaxes, o nome púxollo o divulgador científico francés Louis Figuier en 1878.
Adriano de Paiva
editarA idea de utilizar o selenio para transmitir imaxes a distancia pódese deber ao portugués Adriano de Paiva quen en marzo de 1878 publicou en Instituto - revista científica e literária o artigo A telefonia, a telegraphia e a telescopia que traduce ao francés no folleto La téléscopie électrique basée sur l'emploi du sélénium en 1880 e no que describe unha cámara recuberta de selenio.
Constantin Senlecq
editarO francés Constantin Senlecq publicou en 1881 un folleto co título Le télectroscope, onde afirma que comezara as súas investigación en 1877, o aparello pretendía reproducir telegraficamente a distancia as imaxes obtidas nunha cámara escura.
George R. Carey
editarO primeiro escrito do estadounidense George R. Carey sobre o telectroscopio foi un artigo publicado no Scientic American do 5 de xuño de 1880 pero nun manuscrito atopado en 2001 Carey data a orixe do seu traballo en xaneiro de 1877 [1]. O aparello de Carey consitía nunha cámara de selenio na que se formaría a imaxe e nun receptor, composto de luces eléctricas unidas individualmente por medio dun fío a cada célula de selenio, o que faría posible a transmisión dunha imaxe que o ollo humano puidera ver. Aínda que o aparello nunca se construíu, a base da televisión, a existencia dun emisor e dun receptor quedaba fixada.
Notas
editar- ↑ "Histoire de la television". Arquivado dende o orixinal o 06 de decembro de 2010. Consultado o 26 de agosto de 2010.