Teens of Denial
Teens of Denial é o décimo terceiro álbum da banda estadounidense de indie rock Car Seat Headrest, publicado o 20 de maio de 2016 a través do selo Matador Records.[1] Trátase do segundo traballo do grupo editado por Matador e o primeiro formado por material novo, tras o recompilatorio Teens of Style.
Teens of Denial | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Car Seat Headrest | ||||
Publicado | 20 de maio de 2016 | |||
Duración | 70:07 | |||
Xénero(s) | indie rock | |||
Selo(s) | Matador Records | |||
Produtor | Steve Fisk | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
![]() ![]() | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Antecedentes
editarA composición de Teens of Denial comezou no ano 2013, pouco despois do lanzamento do oitavo álbum de Car Seat Headrest, Nervous Young Man. Debido á lonxitude e complexidade dos álbums anteriores, o vocalista e compositor principal Will Toledo decidiu centrarse en escribir música que fose máis simple e máis doada de tocar ao vivo.[2] Toledo describiría Teens of Denial como un bildungsroman, engadindo, "compúxeno durante un período da miña vida durante o cal non estaba sentindo moito amor. O seu ton e contido reflexan iso. Fíxeno porque iso é o que fago - os discos sempre marcaron as distintas fases da miña vida, e precisaba saír desta, polo que necesitaba facer un disco".[3] O álbum foi fortemente influenciado pola época de Toledo na universidade no College of William and Mary en Williamsburg, Virginia, pero tamén está influenciado pola vida de Frank Sinatra e polo libro de Ernest Becker de 1974 The Denial of Death.[4]
Nunha entrevista con Uproxx, Toledo destacou que lle levara dous anos rematar de compoñer o álbum, xa que quería que as cancións fluísen xuntas de xeito coherente. Descartes dese período editáronse no EP de 2014 How to Leave Town.[5]
Listaxe de cancións
editarTódolos temas escritos e compostos por Will Toledo.
N.º | Título | Duración | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1. | "Fill in the Blank" | 4:04 | |||||||
2. | "Vincent" | 7:45 | |||||||
3. | "Destroyed by Hippie Powers" | 5:03 | |||||||
4. | "(Joe Gets Kicked out of School for Using) Drugs with Friends (But Says This Isn't a Problem)" | 5:37 | |||||||
5. | "Not What I Needed" | 4:31 | |||||||
6. | "Drunk Drivers / Killer Whales" | 6:14 | |||||||
7. | "1937 State Park" | 4:00 | |||||||
8. | "Unforgiving Girl (She's Not An)" | 5:26 | |||||||
9. | "Cosmic Hero" | 8:31 | |||||||
10. | "The Ballad of the Costa Concordia" | 11:30 | |||||||
11. | "Connect the Dots (The Saga of Frank Sinatra)" | 6:07 | |||||||
12. | "Joe Goes to School" | 1:19 | |||||||
70:07 |
Notas
editar- ↑ Matador Records (ed.). "Coming May 20 : Car Seat Headrest – Teens Of Denial". Consultado o 16 de xuño de 2017.
- ↑ notcarseatheadrest (2016-05-06). "I'm the band "Car Seat Headrest" AMA". r/indieheads. Consultado o 2021-11-06.
- ↑ "car seat headrest". car seat headrest. Consultado o 2021-11-06.
- ↑ Lindsay, Cam (2016-09-14). "Fall Music Preview: Car Seat Headrest's Will Toledo breaks down the influences behind his new record". NOW Magazine (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 06 de novembro de 2021. Consultado o 2021-11-06.
- ↑ "A Guide To All Of Car Seat Headrest’s Pre-Fame Albums (All 11 Of Them)". UPROXX (en inglés). 2016-10-28. Consultado o 2021-11-06.