Tarsius fuscus
- Artigo principal: Tarsiiformes.
Tarsius fuscus é unha especie de mamífero primate haplorrino tarsiiforme da familia dos tarsíidos e xénero Tarsius, coñecida na bibliografía internacional, entre outros, co nome de tarsio de Macasar, que habita en Indonesia ao suroeste da illa de Célebes.[1]
Tarsius fuscus Tarsio de Macasar | |||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||||||
Tarsius fuscus Fischer, 1804 | |||||||||||||||||||||||||||||
![]() Área de dispersión de Tarsius fuscus, na provincia de Macasar (península do Sur da illa Célebes)
| |||||||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||||||
|
Nalgún momento foi considerado un sinónimo do tarsio fantasma (Tarsius tarsier); porén, ao restrinxirse a distribución desta especie á illa Selayar, a poboación remanente clasificouse como T. fuscus.[2]
Taxonomía
editarA clasificación dos tarsios, en xeal, e especialmente a dos que habitan na illa de Célebes foi, durante moito tempo, confusa.[1][3]
Xa en 1780 o médico e naturalista alemán Storr sinalara as diferenzas entre os lémures e as especies que hoxe coñecemos cono tarsios, e argumentou a necesidade de separar estes dous taxa.[3]
Daquela cuñou o novo xénero Tarsius,[4] para reunir os pouco correntes primates que posuían uns excepcionalente longos ósos tasianos, e deulle o nome de Tarsius spectrum á especie que definira Pallas dous anos antes, en 1778, como Lemur spectrum (de aí é de onde procede o nome binomial actual Tarsius spectrum).[3]
Máis tarde, a especie da que nos ocupamos foi descrita en 1804 por Fischer, sendo despois denominada, en 1812, por Geoffroy, Tarsius fuscomanus e, en 1846, por Burmeister, Tarsius fischeri.[5]
En 1953, Hill concluíu que a distribución xeográfica do espécime tipo de Tarsius spectrum era a provincia de Makasar, na península do Sur da illa Célebes. Como consecuencia, Hill concluíu que T. fuscus era un sinónimo máis moderno de T. spectrum.[1] Porén, recentemente estableceuse que T. spectrum era un sinónimo máis moderno de Tarsius tarsier.[6]
Finalmente, en 2010, Groves restrinxiu a especie T. tarsier á poboación existente na illa Selayar, recuperando o nome Tarsius fuscus Fischer, 1804, para os tarsios das provincia de Makasar, como especie diferente.[2]
Características
editarTarsius fuscus ten polo xeral unha pelaxe de cor parda avermellada. A longa cola, espida, rematada nunha guedella pelos de cor negra, representa entre o 143 % e o 166 % da lonxitude corporal. O cranios e os arcos dentarios máis curtos que a maioría dos outros tarsios. Tamén as patas traseiras son máis curtas que na maioría dos outros tarsios.[2]
Bioloxía
editarComo todas as especies de tarsios é un animal nocturno e arborícola. Así mesmo, como todas as especies do xénero Tarsius relacionadas, T. fuscus é exclusivamente carnívoro e insectívoro e, en xeral, captura ás súas presas saltando sobre elas.[7]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Groves, C. (2003). "The Tarsiers of Sulawesi". Tarsiers: past, present, and future. Rutgers University Press. pp. 179–180. ISBN 9780813532363.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Groves, C. & Shekelle, M. (2010). "The Genera and Species of Tarsiidae". International Journal of Primatology 31 (6): 1071–1082. doi:10.1007/s10764-010-9443-1.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Gursky, Sharon L. (2016): The Spectral Tarsier. Londres / Nova York: Routledge. ISBN 978-0-13-189332-0, capítulo 1: Taxonomy History, páx. 2.
- ↑ Tarsius en MSW'.
- ↑ Grusky, Sharon L. (2016): The Specttral Tarsier. Londres / Nova York: Routledge. ISBN 978-0-13-189332-0, capítulo 1: Taxonomy History, páx. 2.
- ↑ Croves, C. (2005) "Tarsium spectrm" en Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds.: Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference.
- ↑ Schwartz, J. H. (2003). "How Close Are the Similarities between Tarsius and Other Primates". Tarsiers: past, present, and future. Rutgers University Press. pp. 50–51. ISBN 978-0-8135-3236-3.
Véxase tamén
editarWikispecies posúe unha páxina sobre: Tarsius fuscus |
Bibliografía
editar- Brandon-Jones, D.; A. A. Eudey, T. Geissmann, C. P. Groves, D. J. Melnick, J. C. Morales, M. Shekelle & C. B. Stewart (2004):
"Asian Primates Classification" International Journal of Primatology 25 (1): 97-164. Resume.
- Chiarelli, A. B. (1972): Taxonomic Atlas of Living Primates. Londres, Reino Unido e Nova York, USA: Academic Press. ISBN 0-12-172550-2.
- Groves, Colin P. (2001): Primate Taxonomy. Washington, USA & Londres, Reino Unido: Smithsonian Institution Press. ISBN 1-56098-872-X.
- Gursky-Doyen, Sharon & Jatna Suprinata, eds. (2010): Indonesian Primates. Nova York / Dordrecht / Heidelberg / Londres: Springler. ISBN 978-1-4419-1559-3 / ISBN 978-1-4419-1559-7.
- Nowak, Ronald M. (1999): Walker's Primates of the World. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-6251-5.
- Parker, Sybil P. (1990): Grzimek's Encyclopedia of Mammals. Volume 2. Nova York, NY, USA: McGraw-Hill Publishing Company. ISBN 0-07-909508-9.
- VV. AA. (1968): "Tarsioideos" en: Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 6. Animales vertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 290–292.
- Walker, Ernest P. (1975): Mammals of the World, Third Edition, Volumes I & II. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-1657-2.
- Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference, 3ª ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.
- Wright, P. (2003): "Are Tarsiers Silently Leaping into Extinction?". pp. 296–308 en P. Wright, E. Simons & S. Gursky, eds. Tarsiers: The Past, Present, and Future. New Brunswick, Nova Jersey, USA: Rutgers University Press.