Tarsicio
San Tarsicio foi un mozo que morreu martirizado mentres defendía un sagrario no seu peito, na Vía Apia de Roma en torno ao ano 267 ou 268, durante o goberno do emperador Valeriano.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 246 ![]() Roma, Italia ![]() |
Morte | 14 de marzo de 265 ![]() Roma, Italia ![]() |
Causa da morte | homicidio, lapidación ![]() |
Acólito | |
![]() | |
Actividade | |
Ocupación | Acólito ![]() |
Período de tempo | Imperio Romano ![]() |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 15 de agosto ![]() |
Cronoloxía | |
canonización ![]() |
É venerado como patrón dos acólitos. O Martiroloxio romano celebrábao o 15 de agosto.
Traxectoria
editarSan Tarsicio foi un mozo convertido ao cristianismo a mediados do século III, que colaboraba como acólito da Igrexa de Roma nas catacumbas durante a persecución aos cristiáns por parte da administración do emperador Valeriano.
Despois de participar nunha Misa nas catacumbas de San Calisto foi comisionado polo bispo de Roma, Sisto II (257-258) para levar a eucaristía aos cristiáns que estaban no cárcere, prisioneiros por proclamar a súa fe en Cristo. Pola rúa atopouse cun grupo de mozos pagáns que lle preguntaron que gardaba baixo o seu manto. Tarsicio negouse a dicilo, e os outros atacárono con pedras e paus, posiblemente para roubar o que levaba. O mozo preferiu morrer antes que entregar o que el consideraba un tesouro sacro. Outros detalles máis lendarios indican que, cando estaba a ser apedreado, chegaría un soldado chamado Cuadrato, catecúmeno cristián, quen recoñeceu a Tarsicio e afastou aos atacantes. Tarsicio encomendoulle antes de morrer que levase a comuñón aos encarcerados no seu lugar.
Hoxe non existe unha identificación plena da súa sepultura, aínda que a igrexa de San Silvestre in Capite, unha basílica menor de Roma, atribúese posuír as súas reliquias.
Padroeiro
editarNo catolicismo, san Tarsicio é o patrón dos acólitos e ministros da Eucaristía, ademais daquelas persoas que reciben a primeira comuñón.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tarsicio |